HomesociedadeA Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra a boa acollida da...

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra a boa acollida da campaña de inverno

As actividades impulsadas pola asociación, alén de preverse como visitas convencionais a adegas adheridas á Ruta do Viño, convertíronse en percorridos sensoriais cheos de chiscadelas específicas ao territorio e a súa cultura. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra busca desestacionalizar as visitas ao territorio amparado pola Denominación de Orixe. Para iso, o pasado 31 de xaneiro organizaba unha actividade baixo o título de “Ruta do Viño Ribeira Sacra; Refuxio de inverno, viño e calma”, actividade que constaba de dous plans. Un plan máis exterior e de pisar viña, en Vía Romana, Chantada: “O inverno que a viña conta”. E outro plan máis interior e de coñecer o traballo da adega, en Adega Vella, A Teixeira: “Escaparate de sabores e sons”.

O INVERNO QUE A VIÑA CONTA

A experiencia pola mañá non se limitou a visitar unha adega. En Chantada, os volantes e maragatos do Entroido Ribeirao, fixeron aparición sorpresa atravesando as viñas de Vía Romana, augurando unha moi boa colleita 2026. “Da mesma maneira que en Santiago de Arriba, saltan por riba das hortas, protexendo os cultivos e asegurando a fertilidade e abundancia do novo ciclo da terra”, comentan dende a asociación.

Da viña á copa. Viaxouse tamén a través do percorrido polas etapas do viño, en visita enoturistica e de viticultura, con práctica de poda e de atado con vimbios. Presentouse o escaparate de calidade dos mellores produtos artesáns da zona, degustouse un caldo de ósos de Taboada e catáronse cinco viños da adega. Houbo tamén experiencia musical, concretamente un canto de arrieiro, na voz de Sabela Rey, e o feche co concerto de Mallou, Cantares da Terra.

ESCAPARATE DE SABORES E SONS

Na Teixeira, xa pola tarde, convidaba a un percorrido musicado polas diferentes estancias de Adega Vella con pequenas pílulas musicais de Pablo Sanmamed ao contrabaixo e de Benxamín Otero ao corno inglés e a caixa de música.

Houbo ocasión para coñecer a gastronomía local e participar nunha cata de seis viños premium da adega. Como peche, o concerto de jazz de Pablo Sanmamed Trío.

En palabras dos organizadores, “dous plans de inverno na Ribeira Sacra, que reafirman a potencialidade do territorio e a calidade excepcional das entidades adheridas á Ruta do Viño Ribeira Sacra e das iniciativas que desenvolven”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...