HomesociedadeÉxito, un ano máis, do 'desfile de traxes medievais e complementos' de...

Éxito, un ano máis, do ‘desfile de traxes medievais e complementos’ de Monforte

Tivo lugar este sábado, 21 de marzo, no exterior da Praza de Abastos, e contou cunha gran afluencia de público e a participación dunha vintena de modelos adultos e infantís.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e a Concelleira de Muller, Igualdade e Comercio, Regina López, asistiron ao Desfile de Traxes Medievais e Complementos que tivo lugar na tarde desde sábado dentro do programa de actividades do Mercado para a Medieval que acolle a Praza de Abastos esta fin de semana.

O Desfile, no que participaron unha vintena de modelos adultos e infantís tivo lugar no exterior da Praza de Abastos, e contou cunha gran afluencia de público. Nel puideron verse diferentes deseños de traxes medievais e de complementos, así como de peiteados, de cara a decidir a caracterización para a XXII Feira Medieval, que terá lugar en Monforte os próximos días 4 e 5 de abril.

Numeroso público no desfile de traxes medievais e complementos. Foto: Concello de Monforte.
MERCADO PARA A MEDIEVAL

Este mercado vense realizando dende hai anos coa idea de ir preparando o gran evento que é a Feira Medieval e para animar o comercio local na fin de semana que se celebra. Este ano conta coa presencia de 12 postos de venda con produtos e servizos especializados no medievo: traxes confeccionados artesanalmente tanto para adultos como para público infantil, bixutería, complementos, servizos de perruquería e maquillaxe, gastronomía, repostería e decoración. En definitiva, e segundo din dende o equipo de goberno, “está pensado para que os monfortinos e monfortinas, así como ás persoas visitantes, poidan adquirir os produtos necesarios para ambientar e lucir as mellores galas nesta nova edición da Feira Medieval”.

Na edición deste ano, ademais do atractivo desfile de traxes medievais que tivo lugar onte, inclúe un concurso de repostería e pastelaría“A polo mellor doce”, no que os visitantes poden votar polo seu doce favorito en tres categorías: tradicional, innovador e creativo. A entrega de premios deste certame será este domingo 22, ás 13.00 horas, no propio recinto do Mercado.

E rematando o Mercado, despois da devandita entrega do mellor doce, terá lugar o sorteo entre as persoas que participaron na votación.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...