HomePolíticaEsperta Monforte e BNG preparan alegacións ao proxecto da nova ponte no...

Esperta Monforte e BNG preparan alegacións ao proxecto da nova ponte no Malecón, “un atentado medio ambiental e urbanístico”

O BNG de Monforte amosa o seu rexeitamento frontal ao proxecto de construción dunha nova ponte sobre o río Cabe, "unha obra sobredimensionada polo seu impacto ambiental, urbanístico e polo elevado custo económico que suporá". Pronúnciase de modo similar, Esperta Monforte que chama ao apoio cidadá contra a ponte ao considerar o proxecto o maior antentado medio ambiental e urbanístico que pretende executarse no centro da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte considera que esta infraestrutura transformará de maneira irreversible unha das zonas máis valiosas da cidade. “O proxecto contempla ramplas de acceso de ata case 3 metros de altura, alterando completamente a beira do río e introducindo elementos alleos á súa contorna natural, cun impacto claramente desproporcionado”, aseguran.

Lamentan que non exista unha xustificación clara que avale esta obra nin se teñen estudado seriamente alternativas. “Un dos argumentos utilizados é a peonalización da ponte vella, pero esta pode abordarse con medidas de mobilidade e ordenación do tráfico sen necesidade dunha actuación tan agresiva e custosa”, engaden.

Dende o BNG preparan alegacións ao proxecto, en coordinación con asociacións ecoloxistas, e non descartan impulsar accións a pé de rúa para informar e mobilizar á veciñanza.

Pola súa banda Esperta Monforte asegura que a obra suporá un impacto ao modificar a contorna natural do río e a eliminación do arborado. Refírense a un atentado urbanístico “porque un proxecto de 15 metros de ancho nese espazo é una ruptura coa armonía do Malecón e un impacto brutal na zona de Ramberde e no casco histórico”.

Para presentar alegacións ante a CHMS, traballan en contacto cos partidos da oposición e co movemento cidadá Salvemos o Malecón. Fan un chamamento á unidade para paralizar este proxecto, participando na recollida de sinaturas ou nas mobilizacións que se leven a cabo. “É o momento de actuar e non permitir que obras como a da fonte do Parque dos Condes e a pretendida Ponte do Malecón, se leven a cabo en detrimento do medio ambiente, do urbanismo ou da humanización da cidade que o goberno municipal pretende, dando prioridade aos automóbiles sobre os cidadáns”, conclúen.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...