HomeDeportesCita co piragüismo este 30 de maio no encoro de Vilasouto

Cita co piragüismo este 30 de maio no encoro de Vilasouto

O Concello do Incio e a Federación Galega de Piragüismo asinaron un convenio de colaboración para que o encoro de Vilasouto acolla o vindeiro 30 de maio unha nova competición autonómica. O acordo foi formalizado polo alcalde do Incio, Héctor Corujo, e polo presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita deportiva corresponde á Regata Galega de prebenxamíns, benxamíns e alevíns K1 1.500 m, incluída no calendario da Federación Galega de Piragüismo. O rexedor, Héctor Corujo, pon en valor o potencial do encoro de Vilasouto para este tipo de competicións e para o desenvolvemento dos deportes náuticos e subliña a vontade do Concello de continuar traballando nesta liña. O alcalde engade ademais que “iniciativas deste tipo supoñen unha oportunidade para dar a coñecer o Concello e atraen tamén ás persoas que acompañan aos deportistas, o que contribúe a dinamizar a actividade local”.

A celebración desta nova cita dá continuidade ás competicións organizadas o pasado verán tamén no encoro de Vilasouto. Daquela, O Incio converteuse en sede da Liga Galega Infantil cunha regata que reuniu a máis de 200 deportistas, e o encoro acolleu tamén a sexta proba da XIV Liga Provincial de Piragüismo.

Estes eventos permiten comprobar o potencial do encoro para a práctica de deportes náuticos, nun espazo onde non estaba permitido padexar desde os anos noventa ata a súa recuperación en 2022. Ademais, reforzan a colaboración entre o Concello do Incio e a Federación Galega de Piragüismo para continuar impulsando a organización de probas deportivas no municipio.

Convenio piragüismo / Concello do Incio

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...