HomeCulturaArantza Portabales presenta "Asasinato no muíño do cura" este 25 de abril...

Arantza Portabales presenta “Asasinato no muíño do cura” este 25 de abril no Ateneo Casino de Monforte

O acto, organizado pola Libraría Agrasar, en colaboración co Ateneo Casino e a Editorial Galaxia, terá lugar no Ateneo Casino (Avenida de Galicia, 31) ás 20:00h. con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recoñecida escritora, Arantza Portabales, unha das voces máis consolidadas da novela negra en Galicia e no conxunto do Estado, visitará Monforte de Lemos este sábado 25 de abril ás 20:00 horas para presentar a súa última obra, Asasinato no muíño do cura.

A autora estará acompañada pola libreira Susana González, nun encontro aberto ao público no que se afondará nas claves desta nova novela e no universo literario dunha autora que leva anos conquistando lectores dentro e fóra de Galicia.

Arantza Portabales (San Sebastián, 1973) é unha das escritoras máis destacadas do panorama actual, cunha traxectoria sólida tanto en galego como en castelán. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa carreira literaria no relato breve ata consolidarse como referente da novela negra contemporánea.

Ao longo da súa carreira, Portabales acadou importantes recoñecementos literarios e un amplo respaldo do público, converténdose nunha autora de referencia con miles de lectores e títulos que figuran entre os máis lidos do xénero. A súa obra, caracterizada pola construción psicolóxica dos personaxes e tramas de alta tensión narrativa, sitúaa entre as autoras máis demandadas en feiras e eventos literarios de toda España.

Asasinato no muíño do cura é a súa nova proposta dentro do thriller, unha historia que mergulla o lector nun crime do pasado, silencios familiares e segredos que atravesan xeracións. A novela confirma o excelente momento creativo da autora e o auxe da novela negra galega, que continúa a gañar presenza no mercado estatal.

A cita en Monforte preséntase como unha oportunidade única para achegarse de preto a unha das autoras máis relevantes do momento, coñecer o proceso creativo dunha novela de éxito e dialogar cunha escritora que se ten gañado un lugar destacado entre o público lector.

ÚLTIMAS

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...