A Feira de Antigüidades e Restauración de Sarria desenvolverase entre os días 1 e 3 de maio, ampliando nesta edición os días de celebración. A cita conta co apoio da Xunta de Galicia.
Durante a presentación da Feira, o delegado territorial, Javier Arias sinalou que o Goberno galego, a través de Artesanía de Galicia, ofrecerá dous obradoiros de cerámica abertos ao público en xeral, tanto o sábado como o domingo en horario de 11.00 a 14.30 e de 16:00 a 19:30 horas. As persoas interesadas poderán coñecer a técnica do torno cerámico da man do artesán Carlos San Claudio, ou a elaboración de cerámica de mesa no taller de Nerea Carpente.

