HomesociedadeMedio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Arredor de medio millar de persoas vestiron de rosa este domingo, 26 de abril, para participar na V edición da Andaina Chantada Contra o Cancro, nunha xornada matinal marcada polo bo tempo e por un ambiente solidario. A cita que organiza Chantada Contra o Cancro traladouse a esta data polas chuvias de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para facer posible esta cita, as rutas percorreron algunhas das paisaxes máis singulares da Ribeira Sacra, na subzona de Chantada, con incursión tamén por puntos do concello do Saviñao.

Nas tres rutas de distinta dificultade e distancia: 5, 10 e 20 quilómetros, adaptadas a todo tipo de perfís e condicións físicas, pasouse por viñedos en muras, á beira do Miño e pola desembocadura do Asma. Un ano máis a celebración deportiva foi tamén un acto de afecto, de memoria, de concienciación e de promoción das actividades saudables e en comunidade.

Andaina cancro Chantada 2026/ Asociación Chantada cancro

Trala organización de cada Andaina hai un tecido de persoas, empresas e entidades que a fan posible. Nesta quinta edición, xunto a Condado de Sequeiras, sumaron o seu apoio DaVeiga – Galletas Mariñeiras, Ambulancias Calvo, Seguros Eduardo Rogina, Eurofrut, Distribuciones Calambuco, Gadis, O Remate Gráfico, Mar&Bellota, Número 13, Hotel Mogay e Velaísca, xunto á axuda por parte das institucións colaboradoras: Concello de Chantada e o voluntariado de Protección Civil. Así mesmo, a elaboración dos percorridos da ruta correu da man de Monte da Roda, que traballou arreo no deseño e sinalización dos camiños que logo desfrutaron os participantes este domingo.

Desde a asociación aseguran que a Andaina “deixou de ser hai tempo un evento exclusivamente local. Xunto aos chantadinos e chantadinas e á súa comarca, a cita atrae a persoas chegadas de puntos moi distintos de Galicia: Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Sober, Lugo capital, Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela, Rianxo, O Barco de Valdeorras, Oleiros, Vilanova de Arousa, Xinzo de Limia, Arzúa… Un goteo de participantes que chegan non só pola causa, senón tamén polo privilexio de camiñar nun dos recunchos máis fermosos da xeografía galega”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...