HomeCulturaXabier Quiroga presentou a súa última obra no Círculo Saviñao

Xabier Quiroga presentou a súa última obra no Círculo Saviñao

O escritor local deu a coñecer a súa última novela, "Alguén ao lado".

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Xabier Quiroga volveu ao Círculo Saviñao para presentar diante de socios e veciños a súa última e recén publicada novela “Alguén ao lado”. “Unha oda á amizade e á dificultade que teñen as persoas para querer e entenderse”, comentan dende a entidade organizadora.

Xabier, entre outros méritos e recoñecementos na súa traxectoria literaria, foi finalista do Premio Xerais 2001, gañador do premio da Crítica en 2009 e 2014 e do Premio Arcebispo San Clemente 2016. Na presentación deste libro estivo moi ben arroupado pola veciñanza, moitas amigas e amigos do Saviñao e contorna.

O presidente da sociedade, Enrique Sampil, introduciu a obra de Xabier e lembrou publicacións anteriores, obras que tamén foron presentadas no Círculo Saviñao. Ao remate do acto, o autor do Saviñao atendeu ao público e asinou exemplares da novela presentada.

Xabier Quiroga asinando exemplares da súa obra “Alguén ao lado”. Foto: Círculo Saviñao.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...