HomeMedio ambiente e PatrimonioCampo de voluntariado no Incio para poñer en valor Trascastro, A Ferrería...

Campo de voluntariado no Incio para poñer en valor Trascastro, A Ferrería e Hospital

O Concello do Incio promove este verán o campo de voluntariado ‘Territorio Sonoro’, unha iniciativa de carácter artístico e cultural que se desenvolverá entre os días 12 e 23 de xullo nas parroquias de Trascastro, A Ferrería e Hospital co obxectivo de recuperar, conservar e difundir o patrimonio natural, histórico e humano do municipio. O campo conta con 15 prazas destinadas a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. A iniciativa é de ámbito estatal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O campo de voluntariado está promovido polo Concello do Incio, conta coa colaboración de Outonía Sociedade Cooperativa Galega e está financiado pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ata tres días antes do inicio da actividade a través da páxina web xuventude.xunta.gal. O prezo de participación é de 110 euros e inclúe aloxamento, manutención, seguro e todas as actividades programadas durante o campo. Para maior información ponse á disposición o correo electrónico camposdevoluntariado.xuventude@xuntal.gal.

Recuperando a memoria do territorio a través do son

O proxecto busca crear audiopaseos xeolocalizados baseados na convivencia coa veciñanza e na investigación sobre o territorio, xerando novos recursos turísticos sostibles vinculados á identidade local e á cultura rural. A proposta pretende tamén combater estereotipos sobre o rural mediante a participación xuvenil e a creación artística.

Durante os días de actividade, os participantes na iniciativa participarán na recollida de historias e memoria oral, entrevistas con veciños e veciñas, gravación de saberes tradicionais, música e baile popular, así como na selección de espazos de interese patrimonial e emocional das parroquias. Ademais, traballarán na creación de rutas temáticas, na elaboración de guións sonoros e na gravación e edición de pezas de audio inmersivas.

O resultado final será a creación de audiopaseos e arquivos sonoros xeolocalizados que quedarán a disposición do Concello do Incio como ferramenta permanente de dinamización turística e arquivo da memoria local. A programación incluirá tamén unha xornada pública de clausura para compartir coa veciñanza o traballo desenvolvido.

O campo completarase con actividades complementarias para coñecer o territorio, entre elas visitas a espazos culturais como A Grelería (O Incio), a SEDE (Sarria) ou o Museo de Pedra de Buxán; unha paseo pola Ruta do Ferro; actividades no encoro de Vilasouto e na área recreativa de Saa; un obradoiro de baile tradicional “A carballesa” e diferentes veladas nocturnas. As persoas participantes aloxaranse no CEIP Ricardo Gasset.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...