HomePolíticaPor Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Desde o grupo municipal subliñan que "esta moción non aparece de maneira illada, senón como parte dun basto leque de medidas políticas e institucionais desenvolvidas nos últimos meses: rexistro de alegacións aos expedientes, peticións formais ao Concello, difusión pública da información dos proxectos, colaboración coa veciñanza e impulso do debate social sobre o modelo enerxético que se está impondo no rural".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de maio unha moción para a adopción de medidas en relación cos proxectos de parques industriais de baterías GRX Belesar I (PB 13/2025) e GRX Belesar II (PB 14/2025) previstos na parroquia de Pesqueiras.

Desde Por Chantada lembran que, durante o período de exposición pública, solicitaron formalmente ao Concello que actuase dentro das súas competencias, elaborando informes técnicos municipais sobre compatibilidade urbanística, afección ás infraestruturas locais, impacto sobre os núcleos habitados e avaliación do encaixe dos proxectos co PXOU de 1985. Denuncian que o goberno local decidira non alegar nin activar ningún expediente técnico. Para Por Chantada “esta inacción é especialmente grave porque deixa sen defensa institucional á veciñanza e supón renunciar ao papel que corresponde ao Concello como administración máis próxima ao territorio”.

A moción propón reprobar a actuación do goberno municipal e do alcalde por non teren promovido informes técnicos municipais nin realizado actuación algunha durante o período de alegacións, iniciar un expediente para contratar asistencia técnica especializada que avalíe os impactos dos proxectos Belesar I e II na parroquia de Pesqueiras, especialmente nos ámbitos de competencia municipal e poñer ese coñecemento técnico ao servizo da cidadanía afectada.

Por Chantada considera que proxectos desta dimensión deben ser avaliados “con rigor, transparencia e participación pública real e non mediante a aceptación pasiva de iniciativas privadas que poden condicionar durante décadas o futuro das parroquias. Un concello, e moito menos un alcalde, non está para facer de espectador nin de comercial das empresas. Está para defender o interese xeral, avaliar os impactos e acompañar a veciñanza. Iso é o mínimo que se lle debe ás persoas que viven e sosteñen o territorio”.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...