HomesociedadeAlumnas do ciclo de 'Confección e Moda', do IES A Pinguela, visitan...

Alumnas do ciclo de ‘Confección e Moda’, do IES A Pinguela, visitan Perugia

Integran o grupo 6 alumnas e 2 profesoras as cales visitarán un centro de ensino desa cidade para coñecer o seu xeito de traballar no ámbito da moda e confección.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Dende o centro de ensino IES A Pinguela veñen de informar que 6 das súas alumnas do Ciclo Medio de Confección e Moda visitan Italia acompañadas de 2 profesoras. Concretamente atópanse en Perugia, “a máxica cidade capital da Umbria, onde coñecerán por medio dun programa Erasmus+ do noso centro como se está a traballar a confección e o mundo da moda”, refire o seu director, Enrique Sampil.

O centro de ensino co cal se fai o intercambio é o “Instituto Omnicomprensivo Bernardino di Betto”, ao que agradecen a colaboración e esperan recibir en Monforte en cursos vindeiros. Dende a dirección sinalan tamén que a estancia formativa será dunha semana, “tempo que lles cumprirá para aprender moito da súa familia profesional e empaparse da beleza da cidade e do encanto daquelas terras”.  

A expedición do IES A Pinguela en Perugia. Foto: IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...