HomesociedadeGraduacións de 4º da ESO e 2º de Bacharelato no IES Daviña...

Graduacións de 4º da ESO e 2º de Bacharelato no IES Daviña Rey

Foi o pasado 5 de xuño nun acto, din dende a dirección, "cargado de emoción, recoñecemento e convivencia que reuniu estudantes, familias, profesorado e persoal do centro".

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O IES Francisco Daviña Rey celebrou o pasado venres unha cerimonia de graduación en dúas sesións diferentes no salón de actos do instituto en recoñecemento ao valor, ao esforzo, á dedicación e ao crecemento persoal e académico do alumnado ao longo destes anos ata chegar a 4º da ESO e 2º de BAC. O salón estivo cheo de xente que compañou aos mozos e mozas nun dos momentos máis significativos da súa traxectoria académica.

Durante o acto interviñeron a directora do centro, as titoras dos grupos e varios representantes do alumnado, que compartiron lembranzas, agradecementos e reflexións sobre a etapa concluída. As súas palabras puxeron de manifesto os lazos creados durante estes anos e a importancia da comunidade educativa no desenvolvemento dos estudantes.

Graduación 4º ESO IES Daviña Rey. Foto: Dirección.
ENTREGA DE BANDAS E DIPLOMAS

Un dos momentos máis agardados foi a entrega das bandas e dos diplomas aos graduados e graduadas, símbolo do remate dunha etapa e do inicio doutra na que se presentarán novos desafíos académicos e persoais. A celebración contou tamén cunha actuación musical de carácter tradicional a cargo de membros da comunidade educativa e rematou o cun momento final de convivencia arredor duns petiscos na cafetaría do propio centro que permitiu que alumnado, familias e profesorado compartisen impresións e celebrasen xuntos este importante fito.

Desde o IES Francisco Daviña Rey felicitan a todo o alumnado graduado “polo traballo realizado e deséxanlle moita sorte nos camiños que agora emprenden”. O centro manifesta, ademais, o seu “agradecemento ás familias e ao profesorado polo acompañamento e apoio prestado”.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...