HomeTerra de LemossanidadeA Valedora do Pobo admite a trámite a queixa da CIG-Saúde pola...

A Valedora do Pobo admite a trámite a queixa da CIG-Saúde pola situación da pediatría itinerante no sur da provincia

O Servizo de Pediatría Itinerante do Sur de Lugo atende ás crianzas menores de 15 anos dos concellos de Saviñao, Bóveda, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso de Courel, contando cunha poboación de máis de 1000 cativos/as, cunha media de nacementos de 3/4 nenos/as ao mes, con axendas en Centros de Saúde que poden superar a media de máis de 25 pequenos/as cada día, segundo denuncia o sindicato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG Saúde Monforte alertara de que desde o martes, 27 de maio do 2026, a Pediatra Itinerante da Zona Sur de Lugo estaba ausente do servizo ao que desde Atención Primaria se propuxo, que “os/as nenos/as do Saviñao derivaran ao Servizo de Pediatría de Chantada en quenda de tarde en modalidade de prolongación de xornada de 4 horas. O mércores 03 de xuño do 2026 citar os/as cativos/as dos Concellos de Bóveda, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Folgoso de Courel e Quiroga no Centro de Saúde de Monforte, cunha prolongación de xornada de 2 horas. O xoves día 04 de xuño, 4 horas de prolongación de xornada en Chantada para as crianzas do Saviñao”. 

Para o resto mes de xuño establecéronse os días 9, 16 e 25 con axendas de catro horas no Centro de Saúde de Chantada, centralizando todos os centros de saúde do Saviñao, Bóveda, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel. ” A distancia dos Centros con respecto a Chantada son: de Folgoso do Courel pode haber 85 kms, Seoane do Courel 100 kms, San Clodio e Quiroga 60 kms e así sucesivamente. Queremos destacar que está habendo moitos nacementos de crianzas e hai que facer as revisións aos 15 días, 1 mes, 2 meses, 6 meses, 9 meses e 12 meses”, lembra o sindicato.

A queixa presentada ante a Valedora do Pobo por esta situación foi aceptada de modo que a Valedora do Pobo xa solicitou da Consellería de Sanidade o informe correspondente ao respecto das problemáticas plantexadas.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...