HomesociedadeO Incio mellora infraestruturas rurais e impulsa un novo obradoiro de emprego...

O Incio mellora infraestruturas rurais e impulsa un novo obradoiro de emprego coa colaboración da Xunta

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, reuniuse este luns co alcalde do Incio, Héctor Corujo, no marco do programa de visitas institucionais que está a realizar aos concellos da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xuntanza abordaron algunhas dos principais iniciativas froito da colaboración entre a Administración autonómica e local, como o novo obradoiro dual de emprego que formará a 20 persoas desempregadas dos concellos do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 454.500 euros.

En materia de infraestruturas, destaca a cooperación para mellorar servizos en Trascastro e no núcleo rural de Eirexalba. O proxecto conta con 100.000 euros da Consellería do Medio Rural ao abeiro da orde de axudas do 2026 para potenciar servizos básicos locais que contribúan a revitalizar o tecido produtivo e a fixar poboación nas áreas rurais.

Así mesmo, analizaron o estado das principais liñas específicas de axudas a concellos que convoca anualmente a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. O ano pasado, O Incio contou con 35.000 euros a través da orde de mellora de infraestruturas, destinados ao acondicionamento de camiños municipais da Veiga e A Cruz do Incio.

O Goberno galego financia tamén este verán no municipio o campo de voluntariado Territorio Sonoro, do ámbito artístico e cultural, con actividades enfocadas á posta en valor do patrimonio da zona. Vai dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...