Homesociedade"Mulleres referentes no sector artístico e cultural da Ribeira Sacra", este 30...

“Mulleres referentes no sector artístico e cultural da Ribeira Sacra”, este 30 de xuño no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolve o vindeiro martes, 30 de xuño, de 19:00 a 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Chantada está organizada pola Fundación Acción contra el Hambre Galicia, no marco do proxecto "Comunidades de Dinamización e Emprego Inclusivo: Novas Ruralidades", desenvolvido en colaboración coa Fundación "la Caixa", co obxectivo de impulsar oportunidades de desenvolvemento persoal, profesional e comunitario no medio rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro busca dar visibilidade a iniciativas lideradas por mulleres no ámbito da cultura e da creación artística no territorio. Así, durante a xornada, as participantes compartirán os seus proxectos, a súa traxectoria profesional e a súa visión sobre a situación actual e as oportunidades de desenvolvemento do sector cultural na Ribeira Sacra.

O encontro servirá tamén para reflexionar sobre as particularidades e desafíos de emprender sendo muller no medio rural. A actividade está aberta a todas aquelas persoas interesadas en coñecer proxectos innovadores do territorio, intercambiar experiencias e achegar a súa propia perspectiva sobre o sector artístico e cultural.

A participación é gratuíta, pero é necesario realizar inscrición previa para facilitar a organización do espazo. As persoas interesadas poden consultar máis información e anotarse a través do formulario:
https://bit.ly/mulleresartecultura Para máis información, pódese contactar con Ana no teléfono 648 16 68 48.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...