HomeDeportesO soberino Álvaro Gómez, campión de España de bádminton coa selección galega...

O soberino Álvaro Gómez, campión de España de bádminton coa selección galega Sub 15

Engade ao seu currículo un novo titulo nacional ao acadar, na localidade catalá de Granollers, a vitoria co combinado galego Sub 15.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Días atrás, do 18 ao 21 de xuño, celebrábase na localidade catalá de Granollers o CESA de bádminton nas categorías de Sub-15, Sub-17 e Inclusivo. Neste ‘Campionato de España de Seleccións Autonómicas’, participaba en Sub-15 un gran talento vigués con orixes familiares en Sober: Álvaro Gómez.

Esta xoven promesa contribuíu de xeito moi notable ao éxito galego con 9 vitorias nos 9 partidos disputados fronte aos combinados de Aragón e Cataluña na fase de grupos; fronte a Asturias nos cuartos de final; en semifinais gañándolle a un potente equipo balear e na final ao conxunto de Castela e León por 4-1.

Con esta victoria, Galicia volve o máis alto do podio demostrando o seu nivel no bádminton nacional.

Selección galega Sub-15. Foto: Escola Rosalía Club Deportivo.

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...