HomeEconomíaEn marcha o IV Coworking de Monforte

En marcha o IV Coworking de Monforte

A inauguración foi hoxe, día 27 de febreiro, nas instalacións de Expolemos, lugar onde se desenvolverán as diferentes accións formativas nas que participan 21 emprendedores.

Publicado o

- Advertisement -

No acto de apertura estivo presente o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o director do evento, Alfonso Martínez. O Espazo Coworking de Monforte de Lemos comezou xa onte e terá unha duración de 5 meses nos que os alumnos recibirán información e asesoramento profesional para poner en marcha as súas ideas empresariais ou para acabar de activar proxectos que están en marcha.

Diante dos futuros empresarios, o alcalde expresou que “é unha satisfacción ver como despois do éxito acadado nas tres primeiras edicións, nesta cuarta o número de inscritos mantense con respecto ás edicións anteriores, o que indica que a formación que aquí se imparte é atractiva para os participantes pero sobre todo é útil para o obxectivo que pretenden acadar os emprendedores, que non é outro que o de levar adiante o seu proxecto de empresa”.

O evento conta co apoio do IGAPE, a Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria, o Fondo Social Europeo e o Concello de Monforte de Lemos.

Os responsables dos 22 proxectos participantes nesta cuarta edición recibirán, sen ningún tipo de custe para eles, asesoramento e un apoio integral para poder poñer en marcha as súas empresas. Atoparán, ademais, un espazo de traballo en Expolemos con aulas e salas de reunións nas que recibirán formación e disporán dun mentor personalizado que os axudará a validar e lanzar o seu proxecto.

Neste senso, José Tome salientou que “O Espazo Coworking permítenos contribuír a configurar un novo tecido empresarial que sen dúbida, vai saír das ideas e dos proxectos de empresa que teñen as persoas que participan nestes espazos de intercambio de coñecementos e aprendizaxe empresarial, porque todo se aprende, e a ser empresarios tamén”.

Presentación e novos emprendedores atentos/as ás intervencións do alcalde e do director do evento, Alfonso Martínez. Foto: Prensa Concello de Monforte

Os proxectos escollidos tiveron que superar un proceso de selección previo nos que se valorou a viabilidade, o nivel de desenvolvemento e a posibilidade de implantación na Comarca de Lemos. A Escola de Organización Industrial encargouse de fixar os criterios de selección.

O Espazo Coworking ofrecerá asesoramento durante uns 5 meses cun programa concibido para emprendedores con intención de crear a súa propia empresa pero tamén para aqueles que teñen nunha fase inicial de desenvolvemento os seus proxectos.

O Coworking Monforte chega este ano á súa última edición, sendo, en verbas do alcalde, “un dos mellores eventos da Comunidade autónoma de Galicia en todas as edicións anteriores”.

O rexedor monfortino pechou o acto agradecendo a asistencia e o interese de todos os emprendedores participantes, aos que desexou que as súas iniciativas sexan unha realidade pois sendo así axudarán a dinamizar a actividade económica da comarca contribuíndo tamén á creación de novos postos de traballo.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...