HomeCulturaO XII Festival Cómico Festivo 'A rúa é vosa' ofrece lecer familiar...

O XII Festival Cómico Festivo ‘A rúa é vosa’ ofrece lecer familiar nas Patronais de Monforte

O XII Festival Cómico Festivo "A Rúa é Vosa", integrado no programa das Festas Patronais comezou este mércores co espectáculo de música e acrobacias da compañía Circo Activo. O show, titulado “Mi, sol, si... Xa!”, tivo lugar ás 13.00 horas, na Praza de España, cunha gran afluencia de público.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O certame “A rúa é vosa”, dirixido ao público familiar, achega na súa duodécima edición un total de sete propostas coa participación de 7 compañías especializadas en clown, acrobacias, maxia, música, monicreques e globoflexia. Esta programación desenvólvese os días 12, 13, 14 e 16 de agosto, cun total de 13 sesións gratuítas e abertas a todos os públicos, en horarios de mañá e tarde na Praza de España e na rúa Cardeal.

O día 15 non haberá programación debido á celebración do Día do Gaiteiro e, tampouco houbo este mércores 12 pola tarde, para facilitar que a cidadanía poida seguir a eclipse solar total, visible desde Monforte.

Xoves 13:

  • 12:00 h. Rúa Cardeal. Otto il Basotto. Rúa Cardeal
  • 13.00 h. Luciérnagas Teatro. Praza de España
  • 19.00 h. Otto il Basotto. Rúa Cardeal.
  • 20.00 h. Luciérnagas Teatro. Praza de España.

Venres 14:

  • 12:00 h. Jisoo Park. Rúa Cardeal.
  • 13.00 h. Abraham Arzate. Praza de España.
  • 19.00 h. Jisoo Park. Rúa Cardeal.
  • 20.00 h. Abraham Arzate. Praza de España.

Domingo 16:

  • 12:00 h. Animar-T. Rúa Cardeal.
  • 13.00 h. Francis Zafrilla. Praza de España.
  • 19.00 h. Animar-T. Rúa Cardeal.
  • 20.00 h. Francis Zafrilla. Praza de España.

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...