HomesociedadeA casa da cultura de Chantada acolle en setembro un curso de...

A casa da cultura de Chantada acolle en setembro un curso de introdución á lingua e cultura galegas para maiores de 16 anos

As inscricións poden facerse na casa da cultura do concello de Chantada ou a través do teléfono 982 441 752. Cóntase cun máximo de 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso de introdución á lingua e á cultura galegas desenvolverase na casa da cultura de Chantada, os martes e xoves en horario de 16:00 a 18:00; desde o 15 de setembro ata o 15 de outubro. O curso de 20 horas de duración destínase a persoas  maiores de 16 anos, ou que os fagan no ano 2026, que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida. Non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis.

Con esta formación as persoas participantes adquiren nocións básicas de lingua galega (vocabulario, expresión oral e escrita); coñecementos sobre a cultura e historia de Galicia (festas, tradicións, gastronomía, música, historia…); ademais de recursos prácticos para a comunicación no día a día.

Durante as 5 sesións de traballo estudaranse cuestións como:

  • Introdución á lingua: familiarizarse coa fonética, o alfabeto e as regras básicas de pronunciación do galego.
  • Vocabulario esencial: aprender palabras e expresións cotiás (saúdos, presentacións, números, días da semana etc.).
  • Frases básicas: construír frases sinxelas para a comunicación en situacións comúns da vida cotiá.
  • Comprensión oral e escrita: desenvolver a capacidade de entender mensaxes básicas en textos e conversas sinxelas.
  • Interacción oral: practicar diálogos básicos.
  • Conciencia cultural: introducir aspectos culturais e lingüísticos que axuden a contextualizar o idioma.

 Este curso está organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, neste caso, coa colaboración do Concello de Chantada como membro da Rede de Dinamización Lingüística. Cada asistente recibirá cadanseu diploma acreditativo expedido pola Consellería.

Estas formacións teñen un dobre obxectivo: fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva das persoas participantes, dado que aprender o idioma do país de acollida é esencial para integrarse con éxito, así como aproveitar o enorme potencial que supón a chegada de persoas de fóra de Galicia como un xeito de incrementar o número de falantes da nosa lingua.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...