HomesociedadeVillares destaca os investimentos que realiza a Xunta para mellorar servizos e...

Villares destaca os investimentos que realiza a Xunta para mellorar servizos e dotacións en Chantada

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo esta semana un encontro institucional co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, para coñecer de primeira man as principais necesidades do municipio e avaliar as actuacións que o Goberno galego está a impulsar para reforzar os servizos e dotacións locais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre as actuacións desenvoltas recentemente levouse a cabo a mellora da accesibilidade na Praza de Abastos, que recibiu unha achega de 48.100 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) non competitivo, ou o acondicionamento das pistas de tenis no parque Eloísa Rivadulla, ao que a Xunta destina 36.000 euros da orde de infraestruturas de uso público.

Villares referiuse tamén ao obradoiro dual de emprego ‘Serra do Faro X’ que contempla entre as súas actuacións a pavimentación da praza Concepción Arenal e da rúa do Comercio, así como o acondicionamento de novas zonas axardinadas ou a colaboración na atención sociosanitaria a persoas dependentes no centro de día da Barrela. O proxecto, compartido cos concellos de Carballedo e Taboada, conta cun orzamento de 544.500 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Durante a visita repasáronse tamén outras actuacións promovidas nos últimos meses en colaboración co Concello, como a humanización e creación dun parque infantil na praza Luis García Arias, a adecuación da contorna da Igrexa de Santa María de Nogueira, a rehabilitación da casa-escola de Mouricios ou a mellora da cuberta e substitución das fiestras no CEIP Xoán do Requeixo, así como a reforma da instalación eléctrica neste centro e no CEIP Eloísa Rivadulla.

No ámbito dos servizos sociais puxo de manifesto o incremento do orzamento que destina a Consellería de Política Social e Igualdade a financiar o Servizo de Axuda no Fogar, que acada nesta anualidade os 748.300 euros no municipio

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...