HomeSucesosToca cocido, Estase Cocendo e Cocido Day

Toca cocido, Estase Cocendo e Cocido Day

A Delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo celebra este día 2 de marzo o Estase Cocendo adicado ás mulleres e o día 23 de marzo, Chantada celebra o #CocidoDay.

Publicado o

- Advertisement -

A Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios Hostalería e Turismo adica este 2 de marzo o #EstaseCocendo ás mulleres, “polo papel que desempeñan na sociedade tan pouco recoñecido”. Celebrarán visita guiada de balde por Monforte e animan ás participantes a acudir disfrazadas, aproveitando que se celebra o Entroido. A cita está aberta a homes tamén. Trátase dunha visita dunha hora que comezará ás 11.00 na explanada da Compañía, ao remate haberá degustación dun viño da D.O. Ribeira Sacra. Poden reservar a través do 982.412.050 ou o 636.008.092 ou ben inscribirse no lugar da saída.

E a gastronomía desta época segue sendo protagonista en Chantada cunha nova edición do #CocidoDay. Trátase dun evento gatronómico aberto a todos, co que cada ano centos de persoas se sentan o mesmo día á mesa cun mesmo obxectivo, comer un bo cocido e difundilo en redes sociais. O cocido é símbolo da gastronomía galega e o #CocidoDay quere ser unha festa de referencia que dea visibilidade á cociña tradicional.

Este ano celebrarase o día 23 de marzo. Pódese participar como restaurante oficial, ofrecendo un bo cocido o día do evento; como colaborador, organizando unha mesa oficial e os seus comensais, como sponsor, como particular,… Só hai que sentarse a comer un bo cocido o día 23 e compartilo en redes sociais co hashtag #CocidoDay, obxectivo que sexa Trending Topic.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...