HomesociedadeFeira do Viño de Chantada, a máis madrugadora de Galicia

Feira do Viño de Chantada, a máis madrugadora de Galicia

A 37 edicicón da Feira do Viño de Chantada celebrarase os días 8, 9 e 10 de marzo, sendo a primeira cita coas Feira do Viño na Ribeira Sacra, e a primeira en toda Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

16 adegas da Subzona de Chantada participarán nesta edición que comezará o día 8 coa apertura dos stands ás 20.00. Ás 23.00 actuará a orquestra Saudade.

O sábado día 9 comezará ás 11.00 cun pasarrúas da Escola Tradicional de Música de Chantada, o Grupo de Zanfonas da Tradescola de Lugo e Searas. Ás 13.00 actuará a  Banda de Música de Chantada e xa pola tarde, a partires das 17.00, actuarán, ademais das formacións da mañá, as charangas Os Charangos de Neda e Festicultores. Desde as 17.00 e ata as 19.00 celebrarase a IV Cata Popular. Pola noite a festa estará amenizada, a  partir das 21.00 polas orquestras Tango e Solara.

O domingo abrirase ás 10.30 coa Cata Oficial da 37 edición da Feira do Viño de Chantada. Ao longo da mañá haberá música dos gaiteiros Os Barrios, da charanga NBA e da Banda de Gaitas de Chantada.

O pregón será ás 13.00 e correrá por conta do chantadadino, José Manuel Silva Rodríguez. Despois do xantar oficial, ás 16.00 entregaranse os premios desta edición da Feira do Viño. Pola tarde haberá novamente música, para pechar a festa coa orquestra Televisión, a partir das 19.00. Tanto o sábado como o domingo en horario de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. haberá obradoiros e ocioteca para nenos de máis de 3 anos, na Casa da Música, a cargo de Velaisca.

Nesta XXXVII edición participan as adegas:

– ADEGA ENONATU-ROBERTO REGAL
– ADEGA LAREU SABATELIVS
– ADEGA VIA ROMANA
– ADEGA AMEDO
– ADEGA TERRAS DE BENDAÑA
– ADEGA CONDADO DE SEQUEIRAS
– ADEGA ALBARDUXE
– ADEGA VIÑA GAROÑA
– ADEGA CABO DO MUNDO
– ADEGA PILARES DE BELESAR
– ADEGA INSTINTO ROMANO
– ADEGA CALEXOTES
– ADEGA OS CIPRESES
– ADEGA DO FORTES
– ADEGA TEIJEIRO LEMOS
– ADEGA SANTA MARÍA DE NOGUEIRA

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...