Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación turística no destino Ribeira Sacra de cara á ponte do Pilar, entre o 9 e o 12 de outubro, sitúase nunha media do 80,14 %. A previsión supera en máis de 12 puntos porcentuais o dato rexistrado en 2025, cando a ocupación se situara no 68,03 %. Con todo, o ano pasado o día 12 de outubro caeu en domingo e só algunhas comunidades autónomas trasladaron o festivo ao luns 13.
Por tipoloxías, as previsións son as seguintes:
Hoteis 4 e 3*: 93,01 %
Turismo Rural: 86,77 %
Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 58,33 %
- Outros alox. (albergues, pensións, cámpings, apartamentos e hoteis de 2 e 1*): 82,44 %
BALANCE DE SETEMBRO E PREVISIÓN ACTUAL PARA OUTUBRO
Os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten un bo comportamento da ocupación durante o mes de setembro, cunha media do 65,21 %.
Por categorías, os datos de ocupación foron os seguintes:
Hoteis 4 e 3*: 86,68 %
Turismo Rural: 60,20 %
Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 43,33 %
Outros aloxamentos (albergues, pensións, cámpings, apartamentos e hoteis de 2 e 1*): 70,63 %
Setembro mellora así os datos rexistrados no mesmo mes de 2025, cando a ocupación media se situara no 57,03 %, o que supón un incremento de 8,18 puntos porcentuais. A ocupación alcanzou o 58,58 % durante os días laborais e elevouse ata o 70,45 % nas fins de semana. En total, contabilizáronse 7.074 prazas ocupadas sobre 10.848 prazas totais.
PREVISIÓNS OUTUBRO
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra informa que a media de ocupación sitúase actualmente no 43,33 %, cifras que se corresponden coas reservas confirmadas no momento da recollida dos datos e poderán evolucionar ao longo das próximas semanas a medida que se formalicen novas reservas.

