HomesociedadeMonforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

O alcalde de Monforte, José Tomé, fai balance positivo do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos correspondente ao ano 2025, un exercicio no que se rexistraron un total de 7.550 toneladas (7.557.463 quilogramos) no conxunto das cinco fraccións recollidas: resto, envases mesturados, cartón e papel, vidro e materia orgánica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680 toneladas (6.680.893 kg) recollidos, o que representa o 88,4 % do total. Pola súa banda, a recollida de cartón e papel acadou as 310.400 kg; a de vidro, 281.890; a de envases mesturados, 208.780; e a de materia orgánica, 75.500 kg

Con estes datos, o alcalde salienta a importancia de “contar cun servizo de recollida de residuos eficiente, organizado e adaptado ás necesidades da cidade”, así como o traballo diario necesario para manter os espazos públicos nas mellores condicións.

“A limpeza da cidade e a correcta xestión dos residuos son cuestións fundamentais para a calidade de vida da cidadanía. Desde o Concello seguimos traballando para ofrecer un servizo eficiente, que responda ás necesidades do municipio e que contribúa a manter as rúas e os espazos públicos limpos e coidados”, sinala o alcalde.

Destaca o rexedor a importancia da colaboración cidadá para avanzar na separación dos residuos e favorecer a súa correcta xestión: “Manter unha cidade limpa é unha tarefa compartida. A responsabilidade municipal na prestación do servizo debe ir acompañada da colaboración dos veciños e veciñas, facendo un uso adecuado dos colectores e separando correctamente os residuos”.

Entre as melloras desenvoltas está a implantación do sistema de recollida da fracción orgánica mediante o cubo marrón que o Concello de Monforte entrega de balde aos veciños e veciñas que o solicitan. Este sistema incorporouse tamén no sector hostaleiro, ao que o Concello agradece a súa colaboración para mellorar a separación de residuos.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a...

Adif remata un paso superior en Bóveda que permite eliminar tres pasos a nivel

A nova infraestrutura dá continuidade á estrada LU-P-2910, que comunica os núcleos de Bosende...