HomesociedadeCCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a "unha empresa...

CCOO e Esperta Monforte denuncian que o concello contratara a “unha empresa pantasma” para o servizo de limpeza dos colexios públicos

O servizo forma parte do contrato municipal de limpeza de edificios e dependencias do Concello, que se licitou en abril de 2025 en tres lotes. O lote 2, o dos centros educativos, foi adxudicado pola Xunta de Goberno local o 26 de xuño de 2025 á empresa Dondore's Management, S. L., por 149.100 euros (IVE incluído) para dous anos, prorrogables. "É o Concello quen elixiu a empresa, quen lle paga cada mes e quen ten a obriga legal de vixiar que cumpra o contrato", destacan desde Esperta Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO Lemos ve con preocupación que a limpeza dos colexios públicos da Gándara, Colexio Novo e Infanta Elena estea en mans dunha “Empresa pantasma” contratada polo concello de Monforte. Asegura o sindicato que desde hai meses que non se lle paga aos traballadores/as os seus salarios nin os atrasos que recolle o convenio provincial de edificios e locais.

Desde o sindicato instan ao alcalde, o ex sindicalista José Tomé así como á tte de alcalde a chamar á orde á dirección da empresa “xa si é grave non pagarlle os salarios tampouco fornece os produtos de limpeza polo que pode ocasionar un problema grave de saúde pública no alumnado e profesorado”. Solicitan ao alcalde que exerza as súas responsabilidades e rescinda o contrato de inmediato e defenda aos traballadores, “non entendemos como o concello non atende as suxerencias das direccións dos colexios públicos xa que chove sobre mollado”.

esperta monforte leva o tema pleno

Espertamonforte levará este asunto ao próximo Pleno municipal, onde presentará unha serie de preguntas en defensa dos traballadores e traballadoras afectados e para pedir explicacións ao goberno local sobre a adxudicación deste contrato e sobre a súa supervisión. “Non imos permitir que estas persoas paguen os erros do Concello. Se a empresa non cumpre, quen a contratou ten que dar a cara”, aseguran

A formación política asegura que o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) recolle ata oito declaracións de insolvencia da empresa en procedementos xudiciais de execución entre maio de 2024 e abril de 2026, e seis delas son de 2024, un ano antes de que o Concello lle adxudicase o contrato. No BORME do 14 de novembro de 2024 (anuncio 489033) pode lerse literalmente que a empresa foi “declarada en situación de INSOLVENCIA TOTAL”. É dicir, en varias reclamacións os xulgados non atoparon bens cos que cobrar o que debía.

Espertamonforte lembra que a falta de produtos de limpeza nos centros escolares non é un detalle menor. Afecta directamente á hixiene das aulas, dos baños e dos comedores que usan cada día centos de alumnos e alumnas, ademais do profesorado e do resto do persoal. “Estamos a falar de colexios de infantil e primaria, e dun centro de educación especial. A limpeza non pode depender de que o persoal se arranxe como poida co pouco material que chega”, engade Germán Vázquez.

ÚLTIMAS

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...

Adif remata un paso superior en Bóveda que permite eliminar tres pasos a nivel

A nova infraestrutura dá continuidade á estrada LU-P-2910, que comunica os núcleos de Bosende...

Representacións teatrais, un novo club de lectura e actividades nas parroquias para a programación do Outono Cultural de Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil vén de fai pública a súa programación cultural...

Prodeme e CAPD de Sarria na 30º edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto de Special Olympics Galicia

A 30º edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual organizados...