HomeCulturaA Asociación Sociocultural Boca do Monte, na parroquia de Montefurado, celebra a...

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, na parroquia de Montefurado, celebra a súa ‘X Xornada Castañeira’ este 31 de outubro

A entidade, afincada na aldea dos Anguieiros, busca con esta actividade poñer en valor a castaña como produto a recuperar no rural, e o magosto como manifestación de socialización e festiva arredor deste produto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, entidade afincada na aldea dos Anguieiros, na parroquia de Montefurado (Quiroga), celebra un ano máis a súa Xornada Castañeira, alcanzando este 2026 a súa décima edición, unha programación que inclúe divulgación, música e un magosto popular.

A actividade, que terá lugar o sábado 31 de outubro, busca poñer en valor a castaña como produto a recuperar no rural, e o magosto como manifestación de socialización e festiva arredor deste produto. Daquela, o programa combina unha parte divulgativa con outra participativa e de socialización na que a música e o asado de castañas son, xunto cos veciños da aldea e da contorna, os protagonistas.

Xornada Castañeira / Boca do Monte

O programa ábre ás 12:00 cunha charla divulgativa sobre o aproveitamento da castaña a cargo da empresa Delicias do Souto de Folgoso do Courel. Unha representante da empresa compartirá cos asistentes a súa experiencia na transformación da castaña como saída comercial ao aproveitamento deste produto outonal. Presentarán os seus produtos estrela: a torta de castaña ‘Courelá’, e as galetas de castaña ‘Morriñas’.

Ás 18h terá lugar un obradoiro infantil familiar de decoración de cabazas de Samaín. As cabazas ambientarán despois o magosto popular con candeas dentro que as iluminarán na oscuridade da noite. Tamén se ensinarán algunhas caniceiras que se conservan nos Anguieiros (coñecidas como sequeiros noutros lugares) para coñecer como se secaban as castañas anos atrás.

O Magosto comezará ás 20.00 coa preparación das castañas e acendido do lume para comezar co asado das mesmas e pecharase a celebración a partir das 21:00 con petiscos, viño e doces para acompañar coas castañas asadas ou ‘bullotes’. Contarase con música do grupo tradicional de Quiroga, ‘O Recanto’.

Esta celebración conta coa colaboración económica da Área de Cultura da Deputación de Lugo

ÚLTIMAS

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...

Ribas de Sil contará con servizo de ludoteca en novembro

A Área de Igualdade do Concello de Ribas de Sil informa da posta en...