HomesociedadeVillares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

Este ano a Xunta achegou financiamento ao concello para iniciativas como a mellora da área recreativa da Devesa, a adquisición dun tractor desbrozadora ou o obradoiro dual de emprego, que comparte con Pantón e Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un encontro institucional co alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, no que avaliaron algúns proxectos que comparten ambas Administracións para mellorar as dotacións municipais e a calidade dos servizos que se prestan á veciñanza.

Púxose en valor o papel dinamizador que exerce o tecido asociativo e á necesidade de dotalo de infraestruturas e equipamento que lles permita cumprir os seus obxectivos. Neste sentido, o Goberno galego apoiou á Asociación de veciños de Rebordaos na reforma da súa sede.

O delegado sinalou que “a cooperación institucional, xunto coa implicación activa das asociacións e dos colectivos locais, tradúcese en accións máis eficaces que contribúen a xerar oportunidades no rural e a fixar poboación”.

Reunión Villares no Saviñao / Delegación territorial

ÚLTIMAS

O 7 de novembro preséntase no Auditorio Municipal de Chantada o Tomo XI da revista Alicerces

O arqueólogo e investigador da Pobra do Brollón, Xurxo Ayán, será o mestre de...

Axenda de teatro afeccionado para a vindeira fin de semana nos concellos do Sur de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación fomenta a inclusión de teatro afeccionado nas axendas culturais dos...

Xornadas Lactouras do 3 ao 5 de decembro en Monforte

A Asociación Micolóxica Os Lactouros organiza unha nova edición das súas Xornadas Micolóxicas, que...

Como un exsindicalista deixa tiradas ás traballadoras da limpeza dos centros educativos?, pregúntase CCOO sobre Tomé

Lembran que as traballadoras de limpeza nestes centros de ensino levan máis de 'un...