HomePolíticaEspertamonforte: "Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos...

Espertamonforte: “Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos colexios atallaríase moito antes”

O último Pleno do Concello de Monforte de Lemos rexeitou, co voto en contra do PSOE, a moción de Espertamonforte para crear o Consello Escolar Municipal, un órgano de consulta, información e proposta no que estean representados o profesorado, as familias, o alumnado, o persoal non docente, as direccións dos centros, os grupos municipais e as entidades do ámbito educativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para Espertamonforte, o mellor exemplo da utilidade dun Consello Escolar Municipal é a situación das traballadoras da
limpeza dos colexios A Gándara, Infanta Elena e Colexio Novo
. O servizo de limpeza dos colexios é un contrato municipal, polo que é quen o adxudicou, quen o paga e quen ten a obriga de comprobar cada tres meses que a empresa paga os salarios. “A ferramenta para vixiar existía no contrato. O que faltou foi unha canle para que a información chegase a tempo e non dependese de que a oposición a descubrise. Iso é exactamente o que fai un consello escolar”, engade Germán Vázquez. O mesmo ocorrería coa situación de 2º de Educación Primaria.

Espertamonforte asegura que un consello escolar non garante que non haxa problemas, “pero garante que non se perdan polo camiño e que ninguén poida dicir que non os coñecía”, explica o concelleiro.

Como argumento contra o consello, o PSOE alegou que se trata dun órgano sen facultades executivas. “Precisamente por iso non había razón para rexeitalo: non custa diñeiro nin lle quita competencias a ninguén. Só obriga a escoitar a quen está nos colexios”, sinala Vázquez. O Partido Popular apoiou a creación do consello, e o BNG lembrou que xa presentara unha iniciativa semellante. “Non é unha cuestión de tamaño nin de capacidade administrativa, senón de vontade política. E o PSOE deixou claro que non a ten”, conclúe Vázquez e anunciando que seguirán levando ao Pleno a situación das traballadoras da limpeza e dos centros educativos de Monforte.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

O venres día 6 de novembro, ás sete da tarde, a Casa da Cultura...

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un...

O 7 de novembro preséntase no Auditorio Municipal de Chantada o Tomo XI da revista Alicerces

O arqueólogo e investigador da Pobra do Brollón, Xurxo Ayán, será o mestre de...

Axenda de teatro afeccionado para a vindeira fin de semana nos concellos do Sur de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación fomenta a inclusión de teatro afeccionado nas axendas culturais dos...