O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un encontro institucional co alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, no que avaliaron algúns proxectos que comparten ambas Administracións para mellorar as dotacións municipais e a calidade dos servizos que se prestan á veciñanza.
Púxose en valor o papel dinamizador que exerce o tecido asociativo e á necesidade de dotalo de infraestruturas e equipamento que lles permita cumprir os seus obxectivos. Neste sentido, o Goberno galego apoiou á Asociación de veciños de Rebordaos na reforma da súa sede.
O delegado sinalou que “a cooperación institucional, xunto coa implicación activa das asociacións e dos colectivos locais, tradúcese en accións máis eficaces que contribúen a xerar oportunidades no rural e a fixar poboación”.

Reunión Villares no Saviñao / Delegación territorial

