HomeCulturaO Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Todos os sábados de novembro e decembro ás 18:00 horas haberá unha función no Auditorio Municipal con obras de teatro profesional e afeccionado. O programa está impulsado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro de Outono 2026 do Círculo Saviñao. Esta senlleira asociación do Concello do Saviñao fará posible que todos os sábados de novembro e decembro se represente unha obra de teatro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.

Das 8 propostas escénicas, tres delas son para público infantil e as dúas últimas serán de monicreques. Ademais, seis das obras que se representarán pertencen ao ciclo de teatro profesional e dúas ao ciclo de teatro afeccionado.

Esta iniciativa cultural que achegará o teatro á veciñanza do Saviñao é posible grazas á colaboración e patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

AXENDA DE REPRESENTACIÓNS

NOVEMBRO

Día 7 — Grupo Hospital de Lugo: «Paga e cala» (Ciclo de Teatro afecccionado)
Día 14 — Lîlâ Teatro: «Abra da cabra»
Día 21 — Colectivo Ollomao: «Dona Clara» (Ciclo de Teatro afecccionado)
Día 28 — Bátega Teatro: «Divers@s» (Para público infantil)

DECEMBRO
Día 5 — Satori Teatro: «Cores do camiño»
Día 12 — Sr. López Producións: «A vida é un soño»
Día 19 — Mircromina Títeres: «Raio the Loubicán» (Títeres. Para público infantil)
Día 26 — Trécola Producións: «Pituquito literal» (Títeres. Para público infantil)

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...