HomePolíticaOlalla Rodil destaca en Sarria que o BNG traballará desde o congreso...

Olalla Rodil destaca en Sarria que o BNG traballará desde o congreso para mudar a política industrial

Rodil explicou que o BNG defenderá "medidas concretas" para a mellora do sector industrial galego e puxo o exemplo na "necesidade de rectificar" a política de comercialización da segunda fase do Polígono Industrial de Morelle, en Sarria, onde o BNG demanda estabelecer uns prezos do solo industrial atractivos "que permitan facer realidade unha ampliación que acumula xa máis de dúas décadas de atrasos e promesas incumpridas", dixo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rodil visitou o Polígono do Morelle xunto co Vicepresidente da Deputación e concelleiro do BNG en Sarria, Efrén Castro, e afirmou que “a sociedade publica Casa47 non pode actuar como promotora privada, fixando uns prezos que afastan ás empresas e impiden precisamente cumprir o obxectivo para o que foi creada: impulsar o desenvolvemento económico e facilitar a creación de emprego”.

O BNG destaca que mentres Sarria conta con demanda de solo industrial, “a política de prezos que seguiu o estado repele os investimentos e provoca que empresas da comarca acaben trasladándose a outros concellos onde atopan mellores condicións”. Para Rodil, “a partir do 29N, desde o BNG traballaremos para que o potencial industrial da comarca de Sarria poida desenvolverse sen que a adquisición de solo sexa unha traba como o está a ser agora mesmo”, e engadiu “unha entidade pública non pode ter como prioridade facer caixa cunha infraestrutura estratéxica para unha comarca do interior da Galiza, a súa función debe ser facilitar a implantación de empresas, dinamizar a economía e contribuír á creación de emprego”.

Importantes empresas de Sarria dos sectores cárnico, da madeira, das molduras, dos sistemas de seguridade ou do transporte levan anos agardando pola ampliación do polígono e, ante a ausencia dunha solución, algunhas están optando por instalarse noutros municipios con solo industrial máis competitivo. O BNG xa rexistrou na pasada lexislatura unha batería de iniciativas para este fin “e seguiremos traballando a partir do 29N cun BNG máis forte en Madrid para que os problemas das e dos lucenses ocupen o espazo necesario no Congreso”

ÚLTIMAS

Chantada reforza o acceso á información turística nun outono que segue atraendo visitantes á Ribeira Sacra

Destaca o interese dos visitantes nesta época do ano na que a paisaxe do...

A Deputación adxudica a explotación dos Náuticos Ponte do Sil e Maiorga

Con estes acordos, a institución provincial dá continuidade á actividade turística e de lecer...

Beth Willard, recoñecida xornalista e crítica de viños, visitou a Ribeira Sacra

O Consello Regulador da Ribeira Sacra encargouse de coordinar a estancia e a programación...

Máis de 550 participantes inscritos para o QTC 2027

Conta atrás para a celebración do Quiroga Trail Challenge 2027, proba que conta xa...