HomePolíticaO PP de Monforte abandona o pleno “ante a falta de respecto...

O PP de Monforte abandona o pleno “ante a falta de respecto do alcalde”

Os edís do Grupo Popular no Concello monfortino abandonaron a sesión plenaria preto do seu remate cando “o rexedor pretendía enganar aos grupos da oposición e aos veciños que representamos negando que ata agora se fixeran actuacións a prol do Corredor Atlántico”

Publicado o

- Advertisement -

A voceira do Grupo Municipal Popular, Julia Rodríguez, defendeu “as xestións que leva feito o Goberno de Feijóo e que así recolle a hemeroteca”, con respecto ao Corredor Atlántico. Rodríguez lamenta “a falta de respecto que profesa o alcalde ao resto de grupos da corporación municipal. E non é a primeira vez, senón que este proceder se ten reiterado ao longo dos últimos catro anos”.

Entre outras cousas, o PP lamenta terse enterado polo medios, da concentración e minuto de silencio polas vítimas do 11M que se celebrou diante do concello e para a que non se convocou ao resto dos grupos da corporación, segundo os populares trátase “unha vez máis de falta de respecto institucional por parte do alcalde”.

Julia Rodríguez presentou un rogo in voce pedíndolle ao alcalde que se abstivera de facer declaracións cuestionando a falta de profesionalidade de compañeiros da corporación ou funcionarios públicos, como asegura adoita facer nos plenos o alcalde.

Noutro rogo o PP pediu unha declaración institucional por parte do Corporación monfortina uníndose á solicitude dun novo xulgado do social en Lugo e o cumprimento dos acordos plenarios sobre o estado de numerosas vías da cidade, porque din os populares que o alcalde desoe os acordos plenarios.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...