HomeEconomíaA Deputación amplía en 1,6 millóns os investimentos na provincia

A Deputación amplía en 1,6 millóns os investimentos na provincia

A proposta de incrementar o investimento dos orzamentos deste ano coa incorporación de remanentes foi aprobada este martes en pleno cos únicos votos dos socialistas.

Publicado o

- Advertisement -

Destinaranse 100.000 euros para reeditar o Plan de Recuperación de Terras Abandonadas e 1,5 millóns para mellorar servizos públicos nos Concellos en base ás súas necesidades.

Co Plan de Recuperación de Terras Abandonadas máis de 350 gandeiros da provincia recibiron axudas das anteriores convocatorias e puxéronse en produción 2.000 hectáreas que estaban baldías. Os 100.000 euros deste ano permitirán recuperar outras 200 hectáreas, o que pone en valor o territorio e contribúe á actividade gandeira.

Os 1,5 millóns de euros de transferencias aos Concellos, o Presidente da Deputación, sinala que ao igual que se fixo cos remanentes de 2018, “estes fondos destinaranse á mellora de servizos públicos nos municipios, atendendo ás necesidades trasladadas, “que son moitas e que xa nos gustaría poder atendelas a todas”.

Cos remanentes do ano pasado fixéronse melloras como a Avenida de Outeiro na Pobra do Brollón. Este ano, a única partida comprometida ata o momento, é a da mellora do campo de fútbol Pepe Barrela en Ribadeo con 140.000, ao que se destinan 140.000 euros.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...