HomeSucesosAuxilian en Monforte a un condutor desorientado que se cría en Francia

Auxilian en Monforte a un condutor desorientado que se cría en Francia

Axentes da Garda Civil auxiliaron en Monforte a un condutor de nacionalidade marroquí, de 79 anos de idade e con residencia en Francia, que presentaba síntomas evidentes de acharse “desorientado”, afirmando que estaba xa preto do seu domicilio, na localidade de Limoges.

Publicado o

- Advertisement -

EFE- Axentes de Tráfico desprazáronse a pasada semana ao punto quilométrico 552 da estrada Nacional 120, ao seu paso polo municipio de Monforte ao recibir aviso de que un condutor francés estaba visiblemente desorientado.

Os axentes convencérono para trasladarse ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, onde os médicos, ao ver o seu estado decretaron o seu ingreso. O vehículo no que viaxaba foi trasladado ao cuartel de Monforte de Lemos, onde quedou baixo custodia.

Cando o condutor recibiu a alta hospitalaria, ao día seguinte, déuselle indicación expresa de non poñerse ao volante. Os axentes xestionáronlle aloxamento nun hotel da localidade, realizaron xestións para localizar á súa familia e coordinaron a contratación dun servizo de guindastre para remolcar o seu vehículo ata Limoges.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...