HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra promociónase en Gourmets onde participará de maridaxes con...

A D.O. Ribeira Sacra promociónase en Gourmets onde participará de maridaxes con Carne de Vacún de Galicia

O C.R.D.O. Ribeira Sacra acode ao Salón Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, que se celebra no IFEMA, Recinto Feiral Juan Carlos I, entre os días 8 e 11 de abril. A D.O. Ribeira Sacra estará presente no stand institucional da Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural (Pavillón 6, G10).

Publicado o

- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra será a encargada de abrir e pechar o programa de Degustacións ”Galicia: 35 experiencias de calidade”. As citas cos nosos viños serán:

  • Luns, 8 de abril, de 12.00 a 13.00 h.
  • Martes, 9 de abril, de 15.00 a 16.00 h. degustación con IGP Patacade Galicia.
  • Mércores 10 de abril, de 17.00 a 18.00 h. degustación con IGP Grelosde Galicia, IGP Fabade Lourenzá, IGP LacónGalego, IGP Patacade Galicia
  • Xoves, 11 de abril, de 12.00 a 13.00 h.

O viño da D.O. Ribeira Sacra será protagonista, tamén, no espazo das IGP de Carne de Vacún de Galicia.Todas as degustacións faranse con viños da D.O. Ribeira Sacra. As citas coa participación da D.O. Ribeira Sacra son as seguintes:

  • Luns, día 8 ás 12.30 h. con IGP Tenreira Galega e IGP Vaca Galega / Boi Galego. Chef, Javier Rodríguez “Taky”
  • Luns, día 8 ás 17.30 h. con IGP Tenreira Galega. Chef, Oliver Fernández
  • Martes, día 9 de abril ás 12.30 h. con IGP Tenreira Galega e IGP Vaca Galega / Boi Galego. Chef, HéctorLópez
  • Martes, día 9 ás 17.30 h. con IGP Tenreira Galega. Chef, Oliver Fernández
  • Mércores, día 10 de abril ás 12.30 h. con IGP Tenreira Galega e IGP Vaca Galega / Boi Galego. Chef, José Manuel Mallón
  • Mércores, día 10 de abril ás 17.30 h.

A participación neste tipo de programas facilita o dar a coñecer aos asistentes, as peculiaridades e características do viño e da viticultura na Ribeira Sacra. Á vez que se promocionan os produtos galegos con indicativo de calidade.

Os viños da Ribeira Sacra estarán tamén representados en Gourmetsa través dalgunhas das adegas amparadas pola Denominación, que acoden con stand propio e que participarán na 24 edición do Túnel de Viño e noutras actividades de promoción dentro do Salón.

O Salón Gourmetsé referencia no produto de alta gama dentro do sector da gastronomía. Cunha traxectoria de 32 edicións consecutivas, este Salón profesional diríxese ao visitante nacional e internacional; á hostalería, restauración, distribución agroalimentaria, cátering, comercio especializado, etc.

A participación en Gourmets é parte da campaña de internacionalización que está a desenvolver a D.O. Ribeira Sacra, reforzando a presenza no estranxeiro das adegas amparadas pola Denominación. Así a seguinte cita, tras Gourmetspara o C.R.D.O.R.S. será Vinexpo Burdeos, entre o 13 e o 16 de maio.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...