HomeCulturaImos ao teatro?

Imos ao teatro?

A concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón, e os representantes dos centros educativos da cidade veñen de pechar o calendario de actuacións do XXVIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensinode Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O Certame desenvolverase entre o 25 de abril e o 9 de maio, no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, sempre en horario de 20:00 h.

A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 13 de maio ás 18:00 h.

As obras e os días de representación son:

  • CEIP de Monforte: “A unión fai a Terra”, 25 de abril de 2019
  • IES A Pinguela: “Lingua de lata”, 26 de abril
  • Colexio P. Ferroviario: “Bar Manolo”, 29 de abril
  • CEE  Infanta Elena: “Salvemos a la Luna”, 2 de maio
  • CEIP A Gándara: “Tras a pegada do Principiño”, 6 de maio
  • Asociación Prodeme: “Un funeral para morrer de risa”, 8 de maio
  • Colexio PP. Escolapios: “Cásate cun mariñeiro”, 9 de maio
Programación Certame Municipal de Teatro / Concello de Monforte

Rede Galega de Teatros e AuditorioS

Este xoves, 11 de abril ás 20:15 horas desenvolverase representación teatral da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Malasombra Producións porá en escena, “O caso é ter saúde”. A cita será no edificio multiusos con entrada de 5 euros, mentres que para estudantes, desempregados e xubilados será de tres euros.

 “O caso é ter saúde” é obra de José Prieto, e está dirixida por Marcos Orsi e interpretada por Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez Souto, Celia González e Carlos Mosquera. Dende o humor,  “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o devecido diñeiro.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...