HomeComarca de ChantadaChantadaChantada, o corazón da sidra de Galicia

Chantada, o corazón da sidra de Galicia

A colleita de mazá sidrera espérase "especialmente abundante" en Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

Galicia é o territorio que produce maior cantidade de mazá sidreira de España, segundo precisou a empresa Custom Drinks, situada no municipio lucense de Chantada, que tamén informou de “estes días comezou nos campos galegos a colleita deste froito, nunha campaña que se prevé especialmente abundante”.

Segundo esta empresa, que forma parte da Corporación Hijos de Rivera, na colleita da mazá sidreira en Galicia participa “un gran número de pequenos e medianos recolectores”, especialmente de “a zona de Chantada”, en Lugo, e A Estrada, na provincia de Pontevedra.

Como cada ano, precisa, realízase unha “aposta sólida” pola produción ecolóxica, que xa representa o “40% do volume colleitado por Custom Drinks”, dado que “non parou de crecer nos últimos anos” e representa xa practicamente a metade da súa produción de sidras Maeloc.

A recollida da mazá sidrera nos pomares galegos prolongarase durante aproximadamente un mes e a empresa calcula que participarán na mesma ao redor duns 1.000 cultivadores galegos. En canto ás variedades, a colleita céntrase fundamentalmente en especies autóctonas como a rabiosa, pero, jamardo, marafonsa, ollo mouro e ollo landoy.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...