Homesociedade211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Xunta ten aberto o prazo de solicitudes das axudas do Fondo de Compensación Ambiental do 2026, dotado cun orzamento de máis de 11,4 millóns de euros. Os concellos poden pedir as achegas ata o 6 de marzo, co obxecto de impulsar accións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do medio ambiente e o reequilibrio territorial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no municipio de Carballedo a través das últimas ordes de axudas a concellos para mellorar infraestruturas municipais.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o alcalde, Julio Yebra, comprobaron este venres o resultado das obras executadas na Casa do Concello e edificio multiusos, que contaron cunha achega autonómica de 117.500 euros no marco da orde plurianual de axudas para mellorar a eficiencia enerxética en instalacións públicas, cofinanciada con fondos Feder. As intervencións máis destacadas recollidas no proxecto foron a renovación das carpinterías exteriores, nova climatización e a substitución de luminarias por outras con tecnoloxía LED.

Tamén visitaron os traballos de mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura e do campo de fútbol, realizados cun apoio de 51.500 euros ao abeiro do Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local do 2025. Na Casa da Cultura instalouse un sistema de calefacción e climatización mediante bomba de calor na planta alta; e na área deportiva cambiouse a iluminación por un sistema LED.

Así mesmo, con cargo á liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) do ano pasado destináronse 30.000 euros a modernizar instalacións de alumeado público municipal, cambiando os antigos equipos por luminarias LED de alta eficiencia. Dentro da liña non competitiva do FCA concedéronse 12.300 euros para mellorar a iluminación do lugar de Vilar do Monte, na parroquia de Aguada.

Carballedo instalacións / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...