InicioMedio ambiente e PatrimonioSeis meses de cárcere para o acusado de deixar morrer a 39...

Seis meses de cárcere para o acusado de deixar morrer a 39 vacas en Chantada

O seu avogado acusa á Xunta por non pagar a tempo as axudas da PAC e nega a existencia de malos tratos.

Publicado o

- Advertisement -

O veciño de Chantada acusado dun delito de malos tratos animais por deixar morrer a 39 vacas da súa granxa de Axulfe, neste municipio lucense, aceptou unha pena de seis meses de prisión e dúas de inhabilitación para comercialización e tenencia de animais.

Na vista fixada para este xoves no Xulgado do Penal número 1 de Lugo o acusado chegou a un acordo coas partes ao recoñecer que deixara morrer ás 39 reses sen alimentación pero insistiu na súa inocencia.

En concreto, a fiscalía pedía 14 meses de prisión e unha inhabilitación por tres anos, en tanto que a acusación particular que representaba a tres asociacións animais pedía 18 meses de cárcere e catro anos de inhabilitación. Aínda que houbo acordo entre as partes, inicialmente o avogado do acusado Fernando Lamela defendía a inocencia do seu representado, que alegaba a presenza dunha bacteria no silo co que se alimentaban as vacas.

Tras a vista, tanto a fiscalía como a acusación particular elevaron a dous anos a petición de inhabilitación e ao pago das costas do xuízo, reclamación que non gustou á defensa que chegou a apostar por que se celebrase a vista. Con todo, tras falar co seu cliente, ambos aceptaron a proposta.

FEITOS

En concreto, os feitos tiveron lugar en abril de 2016, cando a Garda Civil achou ás 39 reses falecidas nunha explotación gandeira por falta de alimentación. Na granxa, ademais, os axentes atoparon varias decenas de animais en estado de inanición, polo que posteriormente foron sacrificadas.

Precisamente, antes de entrar á sala, o avogado da acusación particular, Víctor Valladares, asegurou que “hai un abandono da explotación gandeira, sen que houbese alimentación das reses desde meses anteriores á morte das vacas”. Con todo, asegurou descoñecer se o acusado actualmente mantén animais.

O ACUSADO, MANTÉN A SÚA INOCENCIA

O avogado do acusado, quen asistiu á vista con lentes de sol e tentando ocultar o rostro, aceptou o acordo pero insistiu na inocencia do seu cliente. “Non cometeu ningún delito senón que é vítima dunha situación propiciada pola propia administración (Xunta) que, nunha demora inxustificada de pagar as subvencións da PAC e doutras axudas a gandeiros, fixo que houbese escaseza nun momento puntual de alimentos e que se tivese que cambiar un tipo de alimentación o que desencadeou unha situación de enfermidade nos animais e unha alta mortaldade“, xustificou.

Lamela describiu ao procesado como “unha persoa traballadora que vive, vivía e se desvivía polo coidado dos seus animais, traballando máis de 15 horas diarias os 365 días do ano”. “E cando ve que a súa vida se desmorona coa morte das reses, a pesar de que as estaba alimentando, aí dáse unha situación de bloqueo que xestionou mal, sobre todo a retirada de cadáveres”, indicou.

“O que está claro é que este señor non cometeu un delito de malos tratos a pesar de que imos conformar, senón que todas as reses morreron por unha enfermidade, probablemente dunha bacteria infecciosa chamada Clostidrium”, resolveu.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....