15 concellos do sur lucense serán beneficiados cunha partida presupuestaria de preto de medio millón de euros para a o control selectivo de combustible e a construcción de puntos de auga. Deste xeito, os proxectos promovidos por comunidades de montes veciñais en man común e sociedades de ordenación forestal lucenses (SOFOR) contarán con esta axuda por parte da Consellería de Medio Rural.
Os concellos beneficiados e as cuantías que lle corresponden son,
- O Incio: 64.087,25 euros
- Pantón: 62.354,70 euros
- Chantada: 43.200,00 euros
- Samos: 42.769,86 euros
- Folgoso do Courel: 40.986,99 euros
- Taboada: 36.076,57 euros
- A Pobra do Brollón: 34.203,79 euros
- Bóveda: 34.092,84 euros
- Monforte de Lemos: 24.697,42 euros
- Quiroga: 24.220,93 euros
- O Páramo: 12.889,18 euros
- Láncara: 12.433,32 euros
- Triacastela: 10.894,33 euros
- Sober: 9.883,86 euros
- O Saviñao: 4.270,07 euros
Balseiro insistiu na necesidade de mantes os montes limpos e coidados, apostando pola súa posta en valor e preservando tanto a parte ambiental como a económica. Estes traballos en montes veciñais en man común e SOFOR súmanse ós realizados pola propia consellería e administracións locais con convenios de colaboración en materia de prevención.
As axudas, que teñen unhas contías que oscilan entre os 2.800 e 25.000 euros dependendo da necesidade de cada concello, teñen como obxectivo apoiar todas as accións encamiñadas a eliminar ou reducir os ricos que poden ser causa da ocorrencia de incendios forestais e da súa propagación. A primeira liña de accións subvencionables serán o control selectivo do combustible en devasas, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural, así como a roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais.
A segunda liña baséase na construcción de puntos de auga, que deberán localizarse en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais. No caso de expedientes de comunidades de montes, mancomunidades ou agrupacións de menos de 500 hectáreas, subvencionarase un punto de auga, chegando a dous no caso dos terreos de máis da superficie anteriormente mencionada ou SOFOR.
Os beneficiados dispoñen de 5 meses para executar estos traballos, que na práctica poden incluír desde construcción de cortalumes, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural ata rozas, rareos e eliminación de restos de poda.