HomeComarca de ChantadaTaboadaUnha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

O programa 2026 empezou coa inauguración da exposición de fotos antigas ‘O legado que nos une’ este venres e continuará sábado e domingo con actividades culturais, artesanía, música e gastronomía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une” ás 20:00h. na Casa da Cultura con éxito de público e un coloquio moi interesante. Cónstanos que achegaron moitas fotos veciños e veciñas de Taboada e algunhas chegaron incluso de lugares como Buenos Aires. No ‘Brinde inaugural’ falou o concelleiro Manuel Diéguez e participou o enólogo Roberto Regal.

Unha das fotos que hai na exposición.

Para a fin de semana o programa comeza este sábado ás 19:30 h. cunha proposta audiovisual. Trátase da preestrea do documental “Galletas de Xián: un doce legado”.

A continuación, ás 2000 h. haberá unha Cata-Degustación organizada por Artesanía Alimentaria de Galicia e ás 20:30 h. farase a Ruta Osovinícola polos bares de Taboada para gozar do produto estrela na festa tendo previsto un remate á mesma con música a cargo da charanga chantadina Unión Phenosa.

O DÍA GRANDE

O domingo 15 é o día grande da celebración gastronómica emblemática do concello. A apertura do recinto terá lugar ás 11:00 h. podendo atopar nel unha representación de razas autóctonas galegas, un mercado de produtos de artesanía e tamén demostración ao vivo dalgunha das disciplinas artesanais representadas.

Ás 12:30 h. terá lugar o Folión de Cabezudos a cargo da Asociación Cultural Rechouchíos de Taboada e ás 13:30 h. o foco de atención pasará ao pregón. Este ano recae tal responsabilidade na persoa de Mercedes Vázquez, orientadora, mestra e promotora da antiga televisión de Chantada, Televinte.

A continuación, ás 14:00 h. haberá degustación popular do Caldo de Ósos e ás 15:00 h. será o xantar.

Pota co Caldo de Ósos. Foto: Concello de Taboada.

Pola tarde, a programación retómase ás 18:00 h. cun obradoiro infantil de Cociña e ás 20:00 h. haberá un concerto a cargo do colectivo Cántigas e Frores.

Como remate, ás 21:30 h. será a cea popular e ás 22:30 h. ofrecerá un concerto-verbena a orquestra Los Satélites.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...