HomeCulturaEtnografía, música e poesía reciben axudas da Deputación no sur da provincia

Etnografía, música e poesía reciben axudas da Deputación no sur da provincia

Dos 280.000 euros repartidos pola Deputación en subvencións para actividades culturais, a zona sur da provincia recibe case 60.000 euros para un total de 66 actividades.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación Provincial aproba máis de 300 axudas de carácter cultural en máis de medio cento de concellos da provincia. Os beneficiarios destas axudas, que oscilan entre 300 e 1.400 euros, en réxime de concorrencia competitiva poden xustificalas ata o 31 de marzo do 2019.

Todas as solicitudes presentadas correctamente dentro de prazo reciben subvención. Aseguran desde a Deputación que para o reparto tivéronse en conta criterios sociais, primando as actividades dirixidas a persoas con capacidades diferentes, maiores e mulleres; territoriais e poboacionais con especial atención ao rural e aquelas iniciativas que fomentan a cooperación entre diferentes asociacións.

A Deputación concede axudas, entre outras actividades a Chantada, para o Folión de Carros; o Incio para o Festival Terra Brava; Láncara para o Premio Ramón Piñeiro, Monforte de Lemos para o Festival do Paradiso; Quiroga para a organización da Festa castrexa ou Sarria para o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.

O número de colectivos que reciben axudas por concellos son:

O Incio (3 colectivos); Láncara (3); Paradela (1)); Samos (1); e Sarria (10 colectivos); Triacastela (1), Folgoso do Courel (2); Bóveda (2); Chantada (12); Monforte de Lemos (17); Pantón (3); A Pobra do Brollón (2); Quiroga (4); Ribas de Sil (3); O Saviñao (1); Sober (1).

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...