HomeCulturaA falta de servizos no Camiño de Inverno pasa factura aos peregrinos

A falta de servizos no Camiño de Inverno pasa factura aos peregrinos

Cando a primeira opción turística é facer o Camiño es especialista na materia, sabes o que vas necesitar e cando en cada etapa, segundo a carga que leves acumulada. Que pasa cando a outra parte non cumple, cando o Camiño ao que te enfrentas non ten os servizos necesarios?

Publicado o

- Advertisement -

Os dous chámanse Juan Antonio e os dous comparten afección, facer cada ano algún dos camiños a Santiago. Este ano o tocoulle ao Camiño de Inverno. Estes dous salmantinos, de apelido un Huerta e outro Roca, comezaron o Camiño o pasado 1 de agosto en Zamora, o día 9 facían un dos tramos máis longos, desde Quiroga a Monforte.

Comezaron as súas particulares andainas polos Camiños a Santiago hai 7 anos, fixérono polo Camiño Francés desde Zamora, Juan Antonio Huerta porque lle parecía unha aventura, seu compadre Roca por unha promesa. Cando chegaron á súa casa tralo primeiro camiño xa estaban pensando no segundo e así ata hoxe. Aseguran que engancha, que desde o primeiro camiño cada vez que remataban e chegaban a casa só podían pensar no seguinte. De feito, nesta ocasión aínda non remataron e xa están pensando que no 2019 farán o Camiño Norte desde Gijón.

Neste 2018 elexiron o Camiño de Inverno porque cada ano queren coñecer tramos novos e pareceulles unha boa opción. A información para facer o Camiño obtivérona do sitio web https://www.gronze.com/camino-invierno/informacion, xa aí forn advertidos da falta de albergues e doutros servizos para peregrinos, pero a realidade, como se adoita dicir, superou á ficción. Despois de facer as primeiras etapas pernoctando en albergues, a entrada en Galicia supuxo ter que acudir necesariamente a hostais. A primeira noite foi nun hostal en Quiroga, a segunda nun hostal en Monforte, a terceira nun hostal en Chantada, o sábado facían noite en Rodeiro e este domingo en Silleda, onde saben que por fin, atoparán un albergue.

Peregrinos / XdL

Entrar en Galicia tamén supuxo quedarse sen servizo de transporte de mochilas, sen case áreas de descanso nin apenas fontes no camiño. Desde a entrada en Galicia ata este Domingo a peor etapa para esta parella foi Chantada-Rodeiro. “A pesar da falta de albergues e de servizos, a ruta está bastante ben sinalizada, sen embargo neste tramo a sinalización non é suficiente, atopamos un bar ao pouco de saír de Chantada, pero levamos 23 quilómetros sen atopar nada máis, é unha etapa completa sen nada, ata chegar a Rodeiro. A peor parte do Camiño”. Tampouco lles pareceu interesante a primeira parte do tramo Monforte-Chantada, “fixemos 26 quilómetros por carretera ata chegar a Belesar”.

Juan Antonio Roca e Juan Antonio Huerta están desexando chegar á “civilización” dentro dos Camiños a Santiago, acontecerá en Silleda. “A partir deste punto hai albergues, paradas, áreas de recreo, fontes, puntos de información, outros peregrinos,… ata aquí queda moito traballo por facer, os peregrinos necesitamos servizos. Nós facemos etapas de case 40 quilómetros e necesitas sentarte, tomar algo, deixar a mochila, porque xa non podes máis.” No tramo galego do Camiño de Inverno non hai nada disto.

Cando me atopei con esta parella foi no tramo A Pobra do Brollón – Monforte de Lemos, aí encontraron tamén aos primeiros peregrinos que viron no Camiño de Inverno, un grupo que o facía en bici. A estas alturas do seu Camiño estaban contentos, encantados coa paisaxe e a sinalización. Hoxe cando os chamei para ver como ía todo, a historia era ben distinta; moitos quilómetros ás costas sen os servizos necesarios pasan factura.

Este domingo chegan a Silleda e o luns, despois de 41 quilómetros chegan a Santiago. A sétima vez que chegan a Santiago camiñando. Bo camiño amigos, e grazas polas conversas.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao solicita do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dúas intervencións turísticas no municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao asegura que o Consorcio de Turismo sinalizou algunhas rutas...

Sarria acollerá o 12 e 13 de setembro as dúas primeiras etapas da Volta a Galicia

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o presidente da Federacion Galega...

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se...

Mobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

Este domingo pola mañá, concretamente ás 11:00 h., daba comezo no CEIP de San...