HomesociedadeEn maio descende o paro no centro e sur da provincia, agás...

En maio descende o paro no centro e sur da provincia, agás na comarca de Quiroga

Comisións Obreiras considera unhas boas cifras do paro no mes de Maio fundamentalmente como consecuencia da reactivación do comercio, hostalería e turismo, onde destaca a reapertura do Balneario de Pantón e do Parador de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaria de Acción Sindical de Comisións Obreiras Lugo valora positivamente o descenso do paro nas comarcas de Lugo-centro-sur en 131 persoas, a pesar de seguir tendo 3.626 persoas rexistradas no INEM. Na zona sur o paro baixou en 110 persoas nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada, a pesar de seguir rexistrados 2.529 parados.

Desde Comisións Obreiras de Lugo seguen vendo a temporalidade o principal problema e fundamentalmente entre os mozos menores de 25 anos, que en Monforte supón o 88% de mozos de Terra de Lemos.

Os datos do paro na comarca de Lemos por concellos son os seguintes:

  • Bóveda 50 (+1)
  • Monforte 1.179 (-58)
  • Pantón 104 (+1)
  • A Pobra do Brollón 65 (-3)
  • O Saviñao 154 (-5)
  • Sober 99 (-6)

Total comarca de Lemos 1.651 (-75)

Na comarca de Chantada os datos son:

  • Carballedo 75 (=)
  • Chantada 461 (-32)
  • Taboada 93 (-4)

Total comarca de Chantada 629 (-36)

Comarca de Quiroga:

  • Folgoso do Courel 43 (+6)
  • Quiroga 169 (-3)
  • Ribas de Sil 37 (-2)

Total comarca de Quiroga 249 (+1)

E na comarca de Sarria os datos do paro son:

  • O Incio 46 (-1)
  • Láncara 107 (-3)
  • Paralela 40 (-2)
  • O Páramo 43 (+4)
  • Samos 36 (-3)
  • Sarria 801 (-13)
  • Triacastela 24 (-3)

Total comarca de Sarria 1.097 (-21)

A secretaría de Acción Sindical de CCOO segue considerando prioritario derogar a reforma laboral para acabar co abuso da rotación na contratacion e crear 3 novos contratos (Indefinido, Temporal e un terceiro de Formación) para que a xuventude non siga padecendo a contratación precaria que tamén prexudica dun modo importante ao colectivo de mulleres.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...