HomesociedadeMonforte licita o PXOM por 859.100€ e un prazo de execución de...

Monforte licita o PXOM por 859.100€ e un prazo de execución de 60 meses

Este venres enviouse o anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) e o vindeiro martes, 3 de novembro, publicarase no portal de licitacións da Unión Europea (TED) e na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co envío do anuncio de licitación ábrese o procedemento de contratación e o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas, que poderán rexistrarse ata o vindeiro 30 de novembro. A primeira mesa de contratación reunirase o 2 de decembro ás 9:00 horas. O importe da licitación ascende a 859.100,00 € e o prazo de execución do contrato é de 60 meses.

O alcalde, José Tomé Roca, destaca que “este é un paso decisivo para que Monforte dispoña, por primeira vez na súa historia, dun Plan Xeral de Ordenación Municipal. Estamos a avanzar para facer realidade o documento máis importante para o Concello desde hai máis de 40 anos, unha ferramenta para planificar o futuro do noso municipio”.

O contrato conta cun orzamento base de licitación de 710.000 euros, aos que se engaden 149.100 euros de IVE, polo que o importe total ascende a 859.100 euros. O Concello xa reservou 150.000 euros para financiar a primeira anualidade dos traballos, unha partida incluída na incorporación de remanentes aprobada no pleno municipal do pasado 30 de marzo.

A elaboración do documento estruturarase en seis fases, cun prazo estimado de 60 meses, aos que haberá que engadir os tempos necesarios para a emisión dos informes sectoriais das distintas administracións competentes. O horizonte estimado para completar a tramitación sitúase, segundo as previsións actuais, en finais de 2032.

Planificación para un crecemento ordenado

O novo PXOM permitirá actualizar as normas urbanísticas municipais, recoller a evolución experimentada pola cidade e polo rural nas últimas décadas e establecer as bases para un crecemento ordenado e equilibrado de todo o municipio. Planifica tamén o desenvolvemento industrial, a ordenación dos núcleos urbanos e rurais e a adaptación do planeamento á legalidade vixente, favorecendo o crecemento poboacional, social e económico de Monforte.

O alcalde lembra que a redacción do Plan Xeral estivo condicionada durante anos polas limitacións relacionadas coas zonas inundables recollidas no Plan Hidrolóxico Nacional aprobado en 2016. “Desde o Concello fixemos xestións para modificar e flexibilizar as condicións do Plan Hidrolóxico, que foron tidas en conta no segundo Plan Hidrolóxico Nacional, actualmente vixente”, explica Tomé, aseguran que a publicación da licitación representa un avance efectivo cara o obxectivo no que o Equipo de Goberno leva traballando durante os últimos anos.

Así mesmo, José Tomé subliña que a elaboración do Plan Xeral require a participación e colaboración dos veciños e veciñas de Monforte “poñendo o interese xeral por enriba dos lexítimos intereses particulares”, así como das distintas administracións públicas que deberán emitir os informes sectoriais correspondentes ao longo da tramitación.

As fases previstas son as seguintes:

  • Fase 1. Elaboración da cartografía: seis meses, cun importe de 90.000 euros, sen IVE. Inclúe a elaboración da cartografía necesaria para o planeamento de todo o territorio municipal, tanto das áreas rurais como das urbanizadas.
  • Fase 2. Borrador e Documento Inicial Estratéxico (DIE): doce meses, cun importe de 155.000 euros, sen IVE.
  • Fase 3. Documento para a aprobación inicial: doce meses, cun importe de 155.000 euros, sen IVE.
  • Fase 4. Estudo Ambiental Estratéxico (EAE) e proposta do Plan: dezaoito meses, cun importe de 155.000 euros, sen IVE.
  • Fase 5. Documento para a aprobación provisional: seis meses, cun importe de 46.500 euros, sen IVE.
  • Fase 6. Documento para a aprobación definitiva: doce meses, cun importe de 108.500 euros, sen IVE.

O calendario e os importes previstos permitirán desenvolver progresivamente os traballos, desde a preparación da cartografía ata a elaboración da documentación necesaria para a aprobación definitiva do Plan.

Funcións do equipo redactor

Ademais do propio traballo técnico da execución da Cartografía e a redacción do PXOM, o contrato implica ao contratista a obriga de prestar os seguintes servizos:

  • Recompilar e elaborar a información previa necesaria: cartográfica, fotográfica, batimétrica, documental de campo, estatística, do plan urbanístico e territorial, da situación da subministración de servizos urbanos, dos organismos con intervención na tramitación dos documentos, etc.
  • Asistencia, asesoramento e apoio ao Concello nos procesos de exposición, información e participación pública, incluíndo a redacción de informes de cada unha das alegacións que, nos devanditos procesos, recíbanse. Inclúe a realización de xornadas ou mesas de divulgación pública do contido do PXOM.
  • Incluiranse os desprazamentos e os gastos necesarios para a entrega dos traballos, a asistencia ás presentacións e exposicións das propostas que lle sexan requiridos ante o Concello, así como a actos públicos de presentación ou información, reunións de coordinación,  etc.
  • Queda incluída a asistencia a sesións externas tales como relatorios técnicos, organismos oficiais, etc., na medida requirida para a tramitación da revisión do PXOM.
  • O adxudicatario proporcionará un servizo de asistencia técnica presencial, realizada por un técnico competente que forme parte do equipo redactor, para a atención á solicitude de información polos cidadáns con ocasión da información pública do Plan, coa duración suficiente para atender a todos os cidadáns que o demanden, incluíndo o posterior estudo das súas consultas e alegacións.
  • Asesoramento técnico ao Concello nos procesos e tramites de elaboración do plan (convenios con particulares ou organismos, informes, etc.).
  • Elaboración da cartografía dixital requirida polas NTPUG cunha cobertura que comprenda o ámbito da totalidade do Concello e das conexións cos sistemas xerais.
  • Entrega ao Concello, en cada fase da tramitación, das copias completas do traballo que sexan necesarias co fin de solicitar informes sectoriais, someter a información ao público, etc.
  • Contestar a cantas indicacións ou observacións se recollan nos informes sectoriais que, ao longo da súa tramitación regrada, reciban os documentos, e elaborar os estudos que neles requíranse.
  • Executar a totalidade das modificacións necesarias dos distintos documentos para adaptalo ás esixencias derivadas da súa tramitación ante os diversos organismos.
  • Elaborar a documentación necesaria para a tramitación ambiental regulada dos documentos obxecto deste contrato.
  • Entrega ao Concello, en cada fase de tramitación, dos documentos que se indican no prego en formato dixital editable e non editable.
  • Elaboración do documento refundido, con modificacións do acordo de aprobación definitiva, se fose o caso.
  • Corrección de erros materiais que se advirtan durante a tramitación, así como no período de garantía.
  • O contratista non poderá repercutir ningún gasto de forma independente sobre o prezo acordado coa Administración.
  • Igualmente, comprende o presente contrato a emisión de informe, previa solicitude do Concello dos órganos xurisdicionais correspondentes, en relación cos recursos administrativos ou xudiciais que se poidan presentar contra os acordos de aprobación de calquera dos dous documentos que integran o PXOM.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios,...

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...