HomeMedio ambiente e Patrimonio"Preocupante" situación do encoro de Belesar, ao 30% da súa capacidade

“Preocupante” situación do encoro de Belesar, ao 30% da súa capacidade

"Un posible escenario de seca en Galicia durante os próximos meses podería agravar a situación aínda máis", advirte nun comunicado a Xunta, que extremará a vixilancia. O Goberno central abriu expediente informativo a Iberdrola e Naturgy pola situación de catro presas.

Publicado o

- Advertisement -

Xunta anuncia que vixiará “estreitamente” a evolución dos niveis de ocupación dos encoros de Belesar, Portas, Cenza e Salas, na conca hidrográfica do Miño-Sil, ao considerar que a súa situación é “moi preocupante”. De feito, o Goberno central abriu expediente informativo a Iberdrola e Naturgy, as empresas concesionarias, para investigar o seu baleirado.

“Un posible escenario de seca en Galicia durante os próximos meses podería agravar a situación aínda máis”, advirte nun comunicado a Xunta no que apunta ás comprobacións feitas “nas últimas horas” por técnicos da Consellería de Medio Ambiente.

Os datos de ocupación nestes catro encoros “non son os esperados nin os habituais para esta época do ano”, avisa. De feito, en Belesar, en Lugo, e en Salas, en Ourense, os informes da Xunta indican que o seu actual nivel de ocupación –30,1% e 27,3%, respectivamente– non se alcanzou o ano pasado ata finais de outubro. No caso das Portas e Cenza, ambos na provincia ourensá, a situación “é aínda máis anómala xa que en ningún momento de 2020 chegaron a estar, como agora, a un 15% da súa capacidade. A ocupación mínima foi dun 55,9% no caso do primeiro e dun 20% no segundo.

O outono adoita ser a época de maior seca en Galicia, de forma que os encoros alcanzan os seus niveis máis baixos cara a finais de outubro, apunta a Xunta. “Pero tendo en conta a actual ocupación de Belesar, Salas e sobre todo, As Portas e Cenza, se non chove nos próximos meses a situación podería complicarse moito”, incide.

En definitiva, e ante a situación xerada pola “incomprensible decisión dos titulares dos aproveitamentos hidroeléctricos de Belesar, Salas, As Portas e Cenza de baleirar estes encoros”, a Xunta seguirá vixiante “e non dubidará en actuar con rapidez e contundencia se detecta o máis mínimo incumprimento do caudal ecolóxico ou calquera tipo de consecuencias ambientais nestas zonas”.

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...