HomeEconomíaDe onde proceden as axudas ás adegas da Ribeira Sacra lucense?

De onde proceden as axudas ás adegas da Ribeira Sacra lucense?

As adegas da Ribeira Sacra lucense reciben axudas directas da Xunta de máis de 700.000 euros que permiten mobilizar investimentos por valor de 1,9 millóns de euros, dirixidos a melloras nas instalacións das adegas e impulso da súa actividade.

Publicado o

- Advertisement -

As axudas directas da Xunta para as adegas da Ribeira Sacra proceden de:

  • A Consellería do Medio Rural, a través das liñas de apoio á comercialización e transformación de produtos agrarios.
  • O anterior Instituto Galego da Calidade Alimentaria
  • O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR)
  • O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Ata o momento 15 adegas decidiron acollerse ás distintas liñas de apoio dispoñibles, todas elas emprazadas nos concellos de Sober, Chantada, Pantón e O Saviñao.

A estas subvencións hai que engadir outras iniciativas dirixidas a unir esforzos entre o mundo vitivinícola e a axenda turística, con diversas actividades e eventos nos que a Ribeira Sacra é un referente, como apunta o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Hai que engadir tamén os apoios ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que ampara o traballo de máis de 2400 viticultores e de preto de 90 adegas. Con todas estas aportacións contribúese ao fortalecemento dun sector estratéxico para a economía da comarca e da provincia como o califica José Manuel Balseiro.

CONTROIS DE MADURACIÓN

O luns 27 de agosto iniciaranse os controis de maduración nas viñas da Denominación de Orixe. Estos controis previos determinarán o estado da uva e axudarán a establecer a data oficial do inicio da vendima, recomendada polo Conselló Regulador.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...