HomesociedadeMorre un home con covid no seu domicilio de Ribas de Sil

Morre un home con covid no seu domicilio de Ribas de Sil

Aconteceu o pasado 16 de xaneiro.

Publicado o

- Advertisement -

O Sergas comunicou o falecemento de 12 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus desde o pasado 16 de xaneiro ata o día 23, unha delas, en Ribas de Sil.

Así, o día 16 de xaneiro morreu un home de 89 anos, no seu domicilio do Concello de Ribas de Sil. Na provincia de Lugo morreron outras tres persoas nos últimos días. Todas o día 21.

Trátase dunha muller de 95 anos, no Hospital da Mariña que procedía da Residencia O Valadouro, outra de 85 anos, no Hospital da Mariña, e outra de 99 anos, no seu domicilio no Concello de Lugo.

Segundo o sergas, todos tiñan patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...