HomesociedadeCoñece a túa provincia achégase á Ribeira Sacra

Coñece a túa provincia achégase á Ribeira Sacra

Preto de 70 veciños e veciñas de tres asociacións remataron marzo coñecendo a Montaña e a Ribeira Sacra dentro do programa Coñece a túa provincia que impulsa a institución provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Veciñal Penas de San Xoán de Alaxe, do Valadouro, visitou os concellos de Sober e de Monforte de Lemos. Durante a visita coñeceron unha adega da subzona de Amandi e o Miradoiro do Duque, ademais de facer a ruta en catamarán da institución provincial polo Canón do Sil.

A Asociación de Veciños Pizal-Outeiro-San Vixente de Pedreda e a Asociación de Veciños Rúa Alta, visitaron Pedrafita do Cebreiro e Triacastela, Pantón e Carballedo, ademais da produtora audiovisual da Deputación de Lugo, respectivamente.

Un total de máis de 3.000 persoas de 136 asociacións beneficiaranse das viaxes gratuítas pola xeografía lucense nesta segunda tempada da iniciativa coa que a institución provincial apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local. As saídas terán lugar en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, entre marzo e xuño, e en outono, de setembro a novembro. 

Coñece a túa provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...