HomeCulturaNace Xornal de Lemos, o primeiro gran xornal dixital en galego para...

Nace Xornal de Lemos, o primeiro gran xornal dixital en galego para todo o sur de Lugo

O Día das Letras Galegas trae a Lugo o nacemento dun novo xornal en galego

Publicado o

- Advertisement -

Un dos días máis sinalados para Galicia trae consigo o nacemento dun novo xornal, Xornal de Lemos (www.xornaldelemos.gal). Trátase do primeiro gran xornal dixital en galego da zona sur da provincia de Lugo. Neste medio abordarase a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social desta zona e prestará especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio das comarcas de Sarria, Chantada, Terra de Lemos e Quiroga.

Por outra banda, este novo medio tamén informará das novas que acontezan no resto da provincia grazas ás novas que lle achegarán os outros dous medios irmáns nados o mesmo día; LugoXornal (www.lugoxornal.gal), que informará sobre as comarcas de centro de Lugo e os concellos galegofalantes do Bierzo, e Xornal da Mariña (www.xornaldamariña.gal), que informará da zona norte da provincia e das zonas occidentais de Asturias que falan galego.

asociación con outros medios

Xornal de Lemos tamén estará asociado a Galicia Confidencial (www.galiciaconfidencial.com),o principal medio dixital en galego e un dos medios máis importantes no panorama mediático de Galicia, que lle dará soporte informativo, comercial e técnico.

equipo humano

Xornal de Lemos conta coa xornalista Pilar Vázquez Prieto na área de redacción e con Xosé Manuel Fernández Montes, na área comercial. Neste medio colaborarán Óscar Bernández, Millán Gómez, Ramón Gónzalez, Vanesa Gómez, Xurxo Salgado, Alberto Quián e Moncho Mariño.

Para máis información podedes ponervos en contacto con redaccion@xornaldelemos.com ou chamando aos teléfonos de Xosé Manuel (657.01.45.55) ou Pili (697.74.39.09).

Equipo humano de XornaldeLemos, LugoXornal e XornaldaMariña

 

ÚLTIMAS

Os alpinistas de 3Cumios emprenden o 15 de xullo a expedición ao Huascarán en Perú

Os montañeiros de Monforte, Pantón e Sober, con longas traxectorias neste deporte, crearon na...

CSIF denuncia a privatización de historias clínicas, “que comprometerá a protección de milleiros de pacientes en Monforte”

CSIF reclama que as historias clínicas se cubran mediante as listas de contratación de...

Confirman catro anos de cadea para un detido en Monforte por delito contra a saúde

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección 2ª...

Colados, un novo Festival na Ribeira Sacra, este 12 de xullo

Varios emprendedores e emprendedoras de Bolmente (Asociación para o Emprendemento Sostible da Ribeira Sacra),...